Estás na nosa rede, o blog das arañas de 4ºB do C.E.I.P. A LOMBA, unha tea que comezou a tecerse no curso 2013-14. Aquí atoparás moitas das cousas que facemos no noso día a día na escola: xogos para aprender, vídeos, música e moita información interesante que vamos tecendo pouco a pouco.
ENRÉDATE NA NOSA TEA!!
As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi
mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de
chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as
familias que o precisen fomos máis aló.
Elaboramos un
programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou
sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres
saber máis dalle ao PLAY!
Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.
Ola arañas! Veño cos vosos contos recén saídos do forno.
Para os que non o sabedes, nun dos nosos últimos Clubes de Lectura lemos o libro "Los traspiés de Alicia Paff", escrito por Gianni Rodari e editado por Anaya. Esta vez a nosa lectura foi en castelán.
Cando rematamos o libro propúxenlle ás arañas que inventasen novos traspés, novos capítulos para esta pequena Alicia. Se queredes escoitar as novas aventuras, abride as orellas:
Así como rematamos co noso proxecto de activación do voluntariado MÓVETE, xa argallamos unha nova colaboración cunha asociación local, coa Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7 que organiza en Vilagarcía todos os anos o Torneo Internacional de Fútbol AROUSA FÚTBOL 7. Se queredes saber máis deste evento premede na súa web http://www.arousafutbol7.com/
Ata o de agora sempre visitáramos o torneo como público, pero este ano quixemos ir un pouco máis alá e mergullarnos no AF7 de outra forma, como prensa, e cubrimos a primeira xornada do venres como periodistas do TELEXORNAL DAS ARAÑAS.
Os grupos repartíronse as 3 tarefas que precisábamos para realizar os nosos telexornais: Presentadoras/es, reporteiras/os e entrevistadoras/es. Este foi o noso traballo:
PRESENTADORAS: Un membro da organización do AF7 visitou a nosa clase para informarnos e darnos detalles do evento, ademáis preparamos unha entrevista coa que queríamos obter información necesaria para redactar a noticia. Con toda esta información redactamos a noticia centrándonos en : Que? Cando? Onde? Quenes?
REPORTEIRAS: As reporteiras repartíronse 5 partidos da primeira xornada do venres, prepararon un texto informativo xeral e deixaron os ocos para recopilar a información no campo (resultados do partido, tarxetas e faltas).
ENTREVISTADORES: Cada entrevistador/a preparou coa axuda do seu grupo unha entrevista de 10 preguntas para realizar no estadio a un dos xogadores da súa elección do partido que lle tocou cubrir ao reporteiro/a do seu equipo.
Mirade, escoitade e informádevos:
Ata o próximo telexornal!
Como agasallo temos o que pedimos, un balón. Pero non un balón calquera, o balón co que se disputou a final firmado polo equipo gañador, o MÁLAGA C.F.
Este ano as arañas imos a movernos co programa MÓVETE , un proxecto piloto para a formación no voluntariado na Educación Primaria promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Para ir abrindo boca aquí tedes a canción que nos acompañará durante todo o proxecto:
As arañas desenrolaremos as nosas accións voluntarias colaborando coa PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA. Se queres visitar a web da "PROTE" preme no seu enderezo
PRIMEIRO MOVEMENTO: O primeiro movemento despois do obradoiro de motivación que nos ofreceu Ramón foi visitar a Protectora de Animais de Vilagarcía para coñecer mellor cal é a súa labor e como podemos nós axudar aos cans e gatos que alí viven.
A Protectora está en Xiabre, na rúa Pinar do Rei s/n.
Olaia explicounos todo o que precisabamos saber sobre a Protectora de
Vilagarcía, as responsabilidades que implica adoptar un animal e como
nós podíamos axudar de forma voluntaria.
Vimos canciños pequechos...
... e outros xigantes.
Agora entendemos por que é mellor adoptar e non mercar, ademáis sabemos cales son os coidados que precisan as mascotas e as nosas responsabilidades se decidimos ter unha.
SEGUNDO MOVEMENTO: Co noso segundo movemento queremos concienciar á sociedade que os animais son seres vivos e debemos coidalos, tamén queremos poñer en valor o fantástico e tan necesario traballo que se fai nas protectoras e especialmente na Protectora de Animais de Vilagarcía. Vaia se nos movemos, mirade...
TERCEIRO MOVEMENTO: Este movemento consistiu nun paseo de cans polos arredores da Protectora de Animais de Vilagarcía. No noso primeiro movemento, Olaia contounos que unha das necesidades que tiñan que cubrir era a educación emocional dos cans a través da socialización. Díxonos que hai grupos de voluntarios que acuden os fines de semana para pasear cans polos roteiros do monte Xiabre e Bamio. Así que convocamos ás familias, amigos e amigas para unha mañá de sábado voluntaria. Mirade como nos movemos...
GRAZAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!!
CUARTO MOVEMENTO: Con este movemento quixemos facer participar a todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole. Ensaiamos unha obra de teatro, un pequeno musical titulado "O PAÍS DOS SOMBREIROS FELICES". A mensaxe que quixemos transmitir foi a de axudarnos uns aos outros e copartir todos os nosos recursos para crear unha sociedade mellor.
Ao rematar a obra "pasamos a gorra" para que os compañeiros e compañeairas aportasen o seu graniño de area, en forma de moedas, para colaborar coa Protectora de Animais de Vilagarcía. Así que ao rematar tocou contar moedas e máis moedas porque os nosos compas sonche mooooooooooi solidarios.
Primeiro cada un contou o seu montonciño.
Despois sumamos o que tiña cada grupo de 4.
Finalmente sumamos o que tiñan todos os grupos. Dalle que te dalle á suma con decimais!
Xa sabedes que a comunicación pode ser de moitos tipos. Mirade este esquema, é moi parecido ó que fixemos na clase. Lembrades?
Ben, agora que xa refrescaches a memoria podes entrar no TRADUTOR para facer a túa tarefa sobre comunicación verbal e linguas. Cando remates podes deixar un comentario nesta entrada na lingua que queiras ;-) "Até já", é decir, ata pronto en portugués.
Se tes dado algunha voltiña pola nosa tea últimamente xa sabes que as arañas estamos de volta no cole, pero se queres ver e escoitar as nosas últimas novas de primeira man tes que botarlle un ollo, e unha orella, a estes vídeos: