Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:
Estás na nosa rede, o blog das arañas de 4ºB do C.E.I.P. A LOMBA, unha tea que comezou a tecerse no curso 2013-14. Aquí atoparás moitas das cousas que facemos no noso día a día na escola: xogos para aprender, vídeos, música e moita información interesante que vamos tecendo pouco a pouco. ENRÉDATE NA NOSA TEA!!
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
martes, 13 de decembro de 2016
FOLERPAS DE NEVE PARA O NADAL
Bo día arañas!
Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:
Mans á obra!!
Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:
sábado, 3 de decembro de 2016
LITTLE SNOWFLAKE
Hi spiders! Here you have our Christmas carol. Let´s practice:
First, practice this version with lyrics and voice :
And now, let´s sing with the instrumental version:
luns, 28 de novembro de 2016
VOLVER A CASA NO NADAL
Ola arañas e demáis bicherío que andades a argallar pola nosa tea!
Xa temos escollida a panxoliña que cantaremos este ano no cole, aquí a tedes para practicar cada día un pouquiño:
Xa temos escollida a panxoliña que cantaremos este ano no cole, aquí a tedes para practicar cada día un pouquiño:
Que vos parece? Deixade un comentario coa vosa opinión e... A PRACTICAR!! 😃
venres, 26 de decembro de 2014
mércores, 3 de decembro de 2014
PANXOLIÑA DE TODO O ANO
Arañaaaaaaaas!! Falta ben pouco para que comece o Nadal así que imos a comezar a preparar a panxoliña deste ano: PANXOLIÑA DE TODO O ANO, do grupo Mamá Cabra.
Que veña XANEIRO que é o mes primeiro
e tras del FEBREIRO que é moi pequeneiro.
E MARZO marzolo, trebón e raiolo
e despois ABRIL o das augas mil.
Veña o mes de MAIO con flores a esgallo
e máis tarde XUÑO cereixas nun puño.
Despois veña XULLO calor a barullo
e sígalle AGOSTO quentiño e composto.
Que veña SETEMBRO as uvas comendo,
logo OUTUBRO ronco co outono no lombo.
A seguir NOVEMBRO castañas quecendo,
por fin o Nadal que é o mes do final.
E esta panxoliña ao ano acabar,
na fin de DECEMBRO volve comezar.
xoves, 19 de decembro de 2013
O APALPADOR VEN DE VISITA
Hoxe visitounos alguén moi especial, as nais e pais da ANPA pedíronlle ó Apalpador se podería facer unha paradiña no noso cole e... Sabedes que pasou? Pois que o vello carboeiro veu encatado a facernos unha visitiña. Mirade:
O mellor foi cando as nais da ANPA cantaron a cantiga do Apalpador en estilo RAP. Que divertido!!!
Esta visita inspirounos para facer unhas tarxetas do Apalpador na noite estrelada do Courel e para cantar a cantiga nos tamén a súa cantiga, mirade e escoitade:

martes, 17 de decembro de 2013
O APALPADOR
Este luns desfrutamos do noso momento de lectura na biblioteca de Rosalía, xa sabedes que a nosa tea se traslada alí cada primeiro e terceiro luns de mes, á ra Rosalía encántalle pasar un pedaciño de tempo cunhas arañas tan boas lectoras coma nos.
Nesta sesión desfrutamos moito cunha historia que nos contaba a historia do APALPADOR, ese carboeiro do Courel que cada nadal vai, pola noite, apalpando as barriguiñas dos nenos e nenas de Galiza. Mirade e escoitade outro conto do Apalpador:

venres, 13 de decembro de 2013
CHEGOU O NADAL
Ola a todos e todas, na tea de 1ºB estamos moi contentos e contentas porque está a piques de chegar unha época do ano que ás arañas gústanos moito: O NADAL.
Sabedes a onde chegou tamén o nadal? Ata o mundo vedoque mirade, mirade...
Xa sabes, se queres xogar preme AQUÍ
Sabedes a onde chegou tamén o nadal? Ata o mundo vedoque mirade, mirade...
Xa sabes, se queres xogar preme AQUÍ
martes, 3 de decembro de 2013
RODOLFO O RENO
As arañas estamos desexando que chegue O NADAL, para ir ambientando un pouco a nosa tea podedes escoitar a panxoliña "RODOLFO EL RENO", dalle ao play do reproductor que ves arriba.
Se queres escoitar outra versión da panxoliña con pictogramas mira este vídeo.
Se queres escoitar outra versión da panxoliña con pictogramas mira este vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)