Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xuño de 2017

A IDADE ANTIGA

Bo día arañas!

Hoxe imos a ver uns vídeos sobre un tema que estamos tratando estas semanas na nosa tea: A Idade Antiga. Mira!

Comezamos co visionado do que foi, a grandes rasgos, a Idade Antiga:



COMO ERA A SOCIEDADE ROMANA?



COMO ERA SER NENO NA ANTIGA ROMA?



ÉRASE UNHA VEZ O HOME...     PAX ROMANA


xoves, 25 de maio de 2017

VOTACIÓN ABERTA

Ola arañas!

Aquí están as cancións que propuxéchedes e polas que podedes votar, a que teña máis votos será a que se bailará, cantará ou versionará no festival de fin de curso.

Votarás escribindo un comentario nesta entrada. Lembra que:

1.- Debes decir quen eres.
2.- Soamente podes votar por unha peza.
3.- Escribe o título completo da canción.

Podes votar ata o próximo venres 2 de xuño.


"HEY, SOUL SISTER" Train

"VIVA LA VIDA" Coldplay

"GIRANDO SIN PARAR" 3 + 2

"HAPPY" Pharrell Williams

"DON´T LET ME DOWN" The Chainsmokers

"LUMBRA" Cali y El Dandee

"VOLARE" Fabio Rovazzi

sábado, 13 de maio de 2017

AF7 2017 TELEARAÑAS

Un ano máis cubrimos como xornalistas deportivos o torneo AROUSA FÚTBOL 7. Así posábamos antes de comezar o noso traballo:

AS ARAÑAS XORNALISTAS

O noso traballo xa está recén saído do forno, dádelle ao play para estar informados do sucedido na 1ª xornada desta edición do AF7.

WELLINGTON PHOENIX vs F.C. BARCELONA


F.C. PORTO - MÁLAGA C.F.


E.D. XUVENTUDE OROSO - R.C. CELTA DE VIGO
 

VALENCIA C.F. - A.F.A. ANGOLA

Ata o próximo Telearañas!

luns, 24 de abril de 2017

LONXITUDE

Boas arañas!!


Hoxe na clase de mates lembramos as medidas de lonxitude que xa introducíramos o pasado ano. Atopei un vídeo da EDUTECA por se queredes refrescar.


martes, 21 de marzo de 2017

MEDIACIÓN DE CONFLITOS ENTRE IGUAIS

Bo día arañas e demais invertebrados!

Acabamos de rematar a nosa clase semanal de VALORES e como levamos un tempo tratando o tema dos conflitos e a súa resolución, hoxe comezamos a aprender unha técnica moi útil: A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS.

 Aquí podedes ver o vídeo co que descubrimos cales son os pasos a seguir nun proceso de mediación entre iguais.


1.- Presentación.
2.- Versións do sucedido.
3.- Cambio de roles (empatía).
4.- Resume do exposto ata o momento.
5.- Choiva de solucións.
6.- Selección de solucións.
7.- Ratificación do acordo.
8.- Sinatura do acordo.

luns, 20 de marzo de 2017

DITOS PARA BOTAR A SORTES

Boa semana arañas!

Na nosa tea estamos na procura de ditos para botar a sortes nos xogos. Aquí tedes o enlace a www.orellapendella.gal

Lembra a ruta para chegar: 1º DITOS ------- 2º XOGOS ------- 3º PARA BOTAR A SORTES

O venres gravamos!
 

luns, 20 de febreiro de 2017

ENTROIDO EN GALICIA

O fío vai de entroido...


Se queres saber máis sobre o entroido en Galicia entra no blog alombaengalego.blogspot.com . Xa sabes que hai un enlace permanente ao blog na banda esquerda. Pincha e listo!

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

mércores, 18 de xaneiro de 2017

APRENDENDO SOBRE AS FRACCIÓNS

Bo día arañas!

Como esta semana comezamos a practicar coas fraccións, aquí tedes un video e unhas actividades para repasar.

Para xogar pincha AQUÍ.

martes, 10 de xaneiro de 2017

martes, 13 de decembro de 2016

FOLERPAS DE NEVE PARA O NADAL

Bo día arañas!

Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:

Mans á obra!!

sábado, 3 de decembro de 2016

LITTLE SNOWFLAKE

Hi spiders!  Here you have our Christmas carol. Let´s practice:

First, practice this version with lyrics and voice :


And now, let´s sing with the instrumental version:

SIGNAMOS

Ola xentiña grande e miuda que achegades o fuciño pola nosa tea!!

Hoxe as arañas presentámosvos un vídeo tutorial sobre LSE que realizamos xunto con Sandra, a nosa mestra en prácticas deste curso.

luns, 28 de novembro de 2016

VOLVER A CASA NO NADAL

Ola arañas e demáis bicherío que andades a argallar pola nosa tea!

Xa temos escollida a panxoliña que cantaremos este ano no cole, aquí a tedes para practicar cada día un pouquiño:
 

Que vos parece? Deixade un comentario coa vosa opinión e...    A PRACTICAR!!   😃

domingo, 20 de novembro de 2016

mércores, 9 de novembro de 2016

THIS IS ME!

In our speaking classes we have been preparing these presentation videos.

BLUE TEAM
THIS IS ME! from fatimaiglvil on Vimeo.


ORANGE  TEAM


THIS IS ME from fatimaiglvil on Vimeo.

SEE YOU SPIDERS!!

luns, 10 de outubro de 2016

A NOSA VILA: Castelao

A tea de arañas formada por Pedro, Adina, Hugo e Vania,  tocoulle investigar sobre a Rúa Castelao.


Na clase recibiredes a biografía do artista e político, pero aquí tedes algunha cousiña máis para completar a investigación e coñecerlo mellor:
BIOGRAFÍA CON IMAXES
TRAILER DE "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"
"LELA" CANCIÓN ESCRITA  POR CASTELAO


A NOSA VILA: Parque de Miguel Hernández

A tea de arañas formada por Sonia, Aarón, Paula, Alberto e Sarah tocoulle investigar sobre o Parque de Miguel Hernández.


Na clase recibiredes a biografía do poeta Miguel Hernández, pero aquí tedes algunha cousiña máis para completar a investigación e coñecerlo mellor:
 
BIOGRAFÍA CON IMAXES
 
"EL POTRO OSCURO" CONTO PARA NENOS
 
POEMA: "NANAS DE LA CEBOLLA"
 

A NOSA VILA: Rúa García Lorca

A tea de arañas formada por Iago, Adela, Miguel, Sara L. e Cecilia tocoulle investigar sobre a Rúa García Lorca.

Na clase recibiredes a biografía do autor Federico García Lorca, pero aquí tedes algunha cousiña máis para completar a investigación e coñecerlo mellor:

BIOGRAFÍA CON FOTOGRAFÍAS

POEMA MARIPOSA DEL AIRE

EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO

CHOVE EN SANTIAGO

POEMA DE LA LUNA LUNA