Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

martes, 18 de outubro de 2016

OS TRASPÉS DE ALICIA PAF, de Gianni Rodari

Ola arañas!  Veño cos vosos contos recén saídos do forno.

Para os que non o sabedes, nun dos nosos últimos Clubes de Lectura lemos o libro "Los traspiés de Alicia Paff", escrito por Gianni Rodari e editado por Anaya. Esta vez a nosa lectura foi en castelán.



Cando rematamos o libro propúxenlle ás arañas que inventasen novos traspés, novos capítulos para esta pequena Alicia. Se queredes escoitar as novas aventuras, abride as orellas:

martes, 3 de novembro de 2015

OS HOMES DO SACO DA NOSA TEA

 Algunhas arañas escritoras animáronse a escribir e contar na nosa tea os seus propios contos sobre o Home do Saco. Se queres escoitalos dalle ao PLAY.























martes, 27 de outubro de 2015

O HOME DO SACO

Achégase o Samaín e na tea das arañas colouse un home cun saco. Se despois de escoitar non podes durmir sentímolo mooooooooooito.


mércores, 14 de outubro de 2015

A LÚA

Se hai algo que me gusta da noite é a Lúa, pero...   Vémola sempre igual?
Neste vídeo poderás ver como son eses movementos da Lúa.


Para que che quede máis clariño o das fases da Lúa fíxate neste esquema que atopei enredando por aquí e acolá:


Para poñer en práctica todo o aprendido podes facer as actividades deste libro LIM.

Para practicar preme AQUÍ.

Acordeime tamén que na clase temos un libro que fala dun grupiño de animais que queren subir a darlle un bocadiño á Lúa. atopeino en LIM por se queres botarlle un ollo e facer os xogos e actividades.

Para xogar preme AQUÍ.

xoves, 16 de outubro de 2014

O OUTONO CHEGOU DE NOVO Á NOSA TEA

Pequenas artistas?  Noooooooon, estas arañas son unhas grandes, moi grandes artistas. Mirade os nosos traballos plásticos sobre o outono:


Para que pasedes un ratiño divertido e entretidos nestas tardes chuviosas do outono quero deixarvos algún que outro xogo sobre esta estación do ano. Mirade, mirade:

Botádelle un ollo ó conto XAIME E AS LANDRAS...


Agora se vos apetece podedes facer estas actividades relacionadas co conto...

                                                  Para xogar preme AQUÍ

Se o que vos apetece é ler uns preciosos poemas sobre o outono escritos polos nenos e nenas de 5º do CEIP A Maciñeira, xa sabedes o que tedes que facer. Non?

                                                      Premer AQUÍ

E por último dous LIMS sobre o OUTONO:

                                                     Preme AQUÍ

                                              Preme AQUÍ

domingo, 11 de maio de 2014

O POETA DÍAZ CASTRO NA NOSA TEA

Ola amigas e amigos!

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a un lucense, coma min, ao poeta de Guitiriz, ferido por sempre pola beleza, Xosé María Díaz Castro.


Se queredes investigar e coñecer máis sobre o poeta podedes premer AQUÍ, e se estades con ganas de xogo podedes premer AQUÍ e amosar todo o que sabedes sobre Díaz Castro e o Día das Letras Galegas.

En 1987, cando Xosé María aínda vivía, a TVG gravou un documental sobre a súa vida e a súa poesía, aquí o tedes por si vos apetece velo.


Buscando e rebuscando pola rede,  atopei un conto ilustrado titulado "O NENO E A ESTRELA", editado por Fabaloba. Unha preciosa historia chea de cor, beleza e palabras fermosas onde se nos amosa a un noviño Xosé Días Castro na aventura de devolver unha estrela ao seu lugar no universo.

                                               Preme AQUÍ para ver o libro.

Agora para rematar, quero amosarvos esta preciosísima canción que crearon no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para homenaxear ó seu poeta: ESA LUS.



luns, 28 de abril de 2014

REPRESENTAMOS "GRISELO", UN TEATRO DE MONICREQUES

Ola a todas as arañas e as que non o sodes pero nos visitades de cando en vez pola nosa tea.

Hoxe quero que vexades o resultado final dun proxecto que comezamos hai xa uns meses: unha representación de teatro de monicreques que fixemos para os compañeiros e compañeiras de infantil e primeiro ciclo do cole. Con todas e todos vós...         "GRISELO".


Foi todo un éxito, tanto que ata os nosos veciños e veciñas de 2ºB "OS PICHÓNS DA LOMBA" escribiron sobre nós no seu blog, mirade mirade...         OS PICHÓNS DA LOMBA

luns, 24 de marzo de 2014

3º CONTO-ENCONTRO

Ola a todas e todos!   Chega o 3º CONTOENCONTRO da tempada, aquí tedes o cartel:


Esta vez é o meu turno así que escollín, de entre todos os contos que gustan e me regustan, dous historias:

 

Espérovos o MÉRCORES 26 de MARZO na biblioteca do cole, A LAGOA DE ROSALÍA, sede puntuais porque comezamos ás 17:30.

mércores, 12 de marzo de 2014

EL SUEÑO DE OMAR

A pasada semana descubrimos unha nova pequena xoia literaria, un libro ilustrado ben chulo no que con catro letras de nada, as letras de OMAR, o vento e os soños fan marabillas. Mirade e escoitade:
EL  SUEÑO  DE  OMAR

mércores, 26 de febreiro de 2014

2º CONTOENCONTRO


Ola ola!!

Continúan os  CONTOENCONTROS o xoves 27 ás 18:00. Para esta segunda cita cambiamos a nosa Lagoa de Rosalía pola Casa da Cultura de Vilagarcía (Rúa Alcalde Rey Daviña) donde Lola, a profe de teatro, nos vai contar o conto A CASA DE CARTÓN.


luns, 27 de xaneiro de 2014

1º CONTO-ENCONTRO


Que ben!! As arañas xa anotamos nas nosas axendas este evento tan importante, o primeiro CONTO-ENCONTRO organizado pola ANPA A XUNQUEIRA.

Esperámosvos a todas e todos para desfrutar da "CEBRA CAMILA":


CANDO? O mércores 29 de xaneiro.
A QUE HORA? Ás 17:00.
ONDE? Na biblioteca do CEIP A Lomba.

martes, 17 de decembro de 2013

O APALPADOR

Este luns desfrutamos do noso momento de lectura na biblioteca de Rosalía, xa sabedes que a nosa tea se traslada alí cada primeiro e terceiro luns de mes, á ra Rosalía encántalle pasar un pedaciño de tempo cunhas arañas tan boas lectoras coma nos.

Nesta sesión desfrutamos moito cunha historia que nos contaba a historia do APALPADOR, ese carboeiro do Courel que cada nadal vai, pola noite, apalpando as barriguiñas dos nenos e nenas de Galiza. Mirade e escoitade outro conto do Apalpador:


mércores, 4 de decembro de 2013

CONTOS INTERACTIVOS

Atopei pola rede uns contos interactivos moi pero que moi interesantes e divertidos. Mirade:

                                             Se queres velos preme AQUÍ.

mércores, 6 de novembro de 2013

A NOSA TEA CHEGOU UNHA CARTA!!!

Ola a todas as persoas e persoiñas que vos achegades por aquí de cando en vez a ver como van as cousas pola nosa tea.



Hoxe foi un día ben emocionante porque por primeira vez neste curso chegounos unha carta, era de Augusto, o creador de 11 MANERAS DE LLEGAR A LA LUNA, e a súa compañeira Marthazul.

Se queredes saber máis de MARTHAZUL premede AQUÍ
Se queredes saber máis de AUGUSTO METZTLI premede AQUÍ

Hai xa unha semaniña que lles escribimos unha carta decíndolles cantísimo desfrutáramos do seu libro na clase, tamén aproveitamos para invitalos a vir cando eles quixeran para coñecernos, falar e preguntarlles todas as cousas que nos gustaría saber. Ben pois dentro de ben pouquiño estarán pola nosa tea...           xa vos contaremos máis, por agora mirade todos os agasallos que nos mandaron na súa carta, como se nota que son artistas.







martes, 29 de outubro de 2013

CORRE CORRE, CABACIÑA.


Hoxe, na nosa rede, as arañas escoitamos e vimos un conto moi apropiado para estas datas do samaín nas que atopamos cabazas por cada esquina. Mirade e escoitade...

 

Tamén escoitamos a música e cantamos o estribillo:

 "NON VIN VELLA NIN VELLIÑA, NIN VELLIÑA NIN VELLÓN. 
  CORRE CORRE CABACIÑA, CORRE CORRE CABAZÓN"

Se queres escoitala de novo preme  AQUÍ

martes, 22 de outubro de 2013

PERDIDO? DE OLIVER JEFFERS

Ola a todas e todos. Hoxe, o grupiño que asiste ás actividades alternativas á relixión católica, estivemos lendo e ollando o conto "PERDIDO?" de Oliver Jeffers. É un conto precioso que descubrín cando vivía en Irlanda, fai xa moitíííííííííííísimos anos, pero casualidades da vida que dúas semáns atrás atopeino na tenda A Pita Cega de Vilagarcía, sitio que Vos recomendo visitar se algún día queredes mercar contos e libros ilustrados.

"Perdido?" Fala do importante que é na vida vivir acompañado dos outros, dos amigos, da nostalxia do fogar e que estar só non é o mesmo que estar perdido.

Durante o tempo da comida empezamos a ver esta curtametraxe basada no conto, aínda que está en inglés as imaxes son moi descriptivas e os que xa coñecen a historia poderán seguila perfectamente. Se quedástedes con ganas de ver o final...                  DÁDELLE Ó PLAY!!


venres, 4 de outubro de 2013

AS ARAÑAS QUEREN CHEGAR ATA A LÚA

Ola arañas queridas e demáis amigos e amigas. Dende o comezo desta semán estamos descubrindo, no ratiño da lectura, once maneiras distintantas para chegar á lúa. Supoño que os que non sodes arañas de 1ºB estarédesvos preguntando: Que tolería é esa? Pois de tolería nada de nada, bueno un pouco sí, trátase dun libro titulado "11 MANERAS DE LLEGAR A LA LUNA", creado por Augusto Metztli aquí en Vilagarcía e editado por Taza Lunar Books.


 Cada día, dentro da nosa tea, leemos e gozamos de dúas formas disparatadas para alcanzar a lúa, xa queda menos para descubrilas todas. As arañas estamos entusiasmadas por coñecelas todas e crear as nosas propias formas para poñer as nosas patiñas na lúa tamén.

Se tedes curiosidade por coñecer a Augusto Metzli, o creador do libro, podedes ver este pequeno video onde presenta o conto.


Augusto ademáis de idear, escribir, ilustrar e editar este libro, que debo confesar me atrapou dende antes incluso de chegar as miñas mans, é un artista plástico mexicano afincado aquí en Vilagarcía. Se queredes desfrutar coa sua arte e coñecer o seu traballo un pouco máis, premede no enlace que vos levará ata a súa web www.augustometztli.com

Se non eres araña e tes curiosidade mira...


E para remetar, se alguén está interesado/a en mercar o libro ou ver que outras cousas nos ofrece TAZA LUNAR BOOKS, só tedes que premer neste enlace www.tazalunarbooks.com 

domingo, 22 de setembro de 2013

AS ARAÑAS CONTAN... Orellas de bolboreta.

Nestes primeiros días do curso as arañas atopámonos con Mara nun libro titulado ORELLAS DE BOLBORETA, moito nos gustou esta historia, tanto que decidimos contala nos mesmas. Mirade e escoitade porque o conto xa comeza...