Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

venres, 31 de xaneiro de 2014

PALABRAS QUE CONSTRÚEN A PAZ

Onte as arañas celebramos o día da paz na nosa tea, como levábamos un tempiño ensaiando a canción da "Pombiña branca" baixamos a infantil en busca dun fantástico público co que compartir a nosa melodía, mirade que ben parecidos estamos:


Se ti tamén nos queres escoitar preme no título da canción e disfruta moito da nosa interpretación:


Tamén fixemos un mural titulado "PALABRAS QUE CONSTRÚEN A PAZ".


Como na foto nos se poden ler ben as palabras que nos axudan a construir a paz, fixemos un vídeo para que a ninguén se lle esquezan e todos as teñamos sempre presentes.