Amosando publicacións coa etiqueta Coñecemento do medio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coñecemento do medio. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

mércores, 10 de xuño de 2015

ACCIÓNS POÉTICAS DAS ARAÑAS

Ola!

Esta semana na clase alternativa á Relixión Católica estivemos dándolle unha voltiña ao movemento ACCIÓN POÉTICA.

Primeiramente buscamos exemplos de ACCIÓNS POÉTICAS espalladas polo mundo adiante, limos, buscámoslles significados e gozamos moito coas palabras e a poesía libre. Aquí tedes dous exemplos pero a través do buscador Google atoparedes centos de exemplos máis.



A continuación, xuntámonos por parellas para crear xuntos ACCIÓNS POÉTICAS orixinais e finalmente saimos á cancha para espallar os nosos versos libres, mirade...

DAME UN ABRAZO SI TE SIENTES MAL.

TUS OJOS SON MARES QUE ME SALPICAN DE AMOR.

TE ESPERA EL SOL DEL AMOR.

EL AMOR SE PASEA POR EL CORAZÓN Y SE TIRA POR EL BALCÓN.

ESTOY MORADO DE COMER AMOR.

DESPACIO VOY CON MUCHO CORAZÓN.

LAS PLANTAS CRECEN CUANDO TÚ APARECES.

ÉCHATE A VOLAR QUE LA LUNA TE ESPERA.

VUELO SOBRE MÍ PARA DARTE UN BESO.

martes, 2 de xuño de 2015

O TEMPO PASA: A PREHISTORIA

Para comezar con este interesante tema imos a familiarizarnos primeiro coa liña do tempo:


Ben, empecemos polo principio: A PREHISTORIA.

 

O PALEOLÍTICO

Así era a vida no PALEOLÍTICO, se queres saber máis preme AQUÍ.


O NEOLÍTICO




Así era a vida no NEOLÍTICO, se queres saber máis preme AQUÍ.


A IDADE DOS METAIS
Así era a vida na IDADE DOS METAIS, se queres saber máis preme AQUÍ.


ARTE NA PREHISTORIA
Pinturas rupestres de cervos e mans na cova de Altamira - Cantabria.


Pintura rupestre dun bisonte na cova de Altamira - Camtabria.
Petroglifos de Campo Lameiro - Pontevedra.
Petroglifos dos BAIOTES, en Bamio - Vilagarcía de Arousa.
  
Dolmen de Axeitos, en Riveira - Pontevedra.


Lapa de Gargantáns, en Moraña - Pontevedra.
Crómlech de Lobeira, en Vilagarcía.
Crómlech de Stonehenge, en Inglaterra.


mércores, 29 de abril de 2015

A TERRA MÓVESE E A LÚA TAMÉN

Ola Arañas! Seguimos aprendendo cousas sobre o noso querido planeta Terra, agora imos a profundizar nos seus movementos. Mira estes vídeos:

Movemento  de rotación:

Movemento de traslación:

Agora tedes aquí abaixo un montón de material para seguir aprendendo e practicando.

                                          Para xogar preme AQUÍ

                                           Para xogar preme AQUÍ

                                            Para xogar preme AQUÍ

Tamén quero enlazarvos tres libros LIM moi interesantes, so tes que premer no seu título:

- A TERRA

- A TERRA DESPLÁZASE

- O CEO

Se o que queres é practicar o que xa sabes e aprender máis e máis este é o teu xogo:

                                          Preme AQUÍ para botarlle un ollo.

martes, 21 de abril de 2015

ARTE NATURAL

Ola arañas artistas!

Hoxe na nosa clase de plástica saímos por grupos ata o patio a facer arte coa natureza, esta foi a proposta:

1º Xuntámonos nos nosos grupos cooperativos e recollimos todos os materiais naturais que atopamos ciscados polo chan.

2º Clasificamos todo o recollido: follas, flores, pétalos, paus, pedras, raíces, pallas...


3º Puxémonos a crear e construir retratos mesturando todos os materiais.


4º Aquí tedes o resultado: LANDART.






Nesta tarefa en grupo aprendemos, ademáis de conceptos plásticos e artísticos, a:

- Organizar unha tarefa entre todos e todas.
- Consensuar criterios e tomar decisións en grupo.
- Comunicar a nosa opinión, debatir e aceptar a opinión dos outros.
- Cooperar para chegar á solución da tarefa.

xoves, 16 de abril de 2015

O SISTEMA SOLAR

A NOSA BIBLIOTECA TEMÁTICA
     Arañas, comezamos a nosa viaxe interestelar!!

Para ir abrindo boca ahí van os vídeos que vimos esta semana na nosa tea e tanto vos gustaron:

O UNIVERSO


                                                       
O SISTEMA SOLAR


Seguro que agora tes milleiros de preguntas aínda sen resposta, pois entra AQUÍ e pregúntalle a un astronauta da NASA.

Se o que queres é xogar e aprender máis cousas aquí tes unhas actividades ben interesantes:

                                          Pincha AQUÍ e AQUÍ para xogar.

Se queres saber algo máis dos planetas que forman o Sistema Solar ...

                                          ... pincha AQUÍ.

mércores, 4 de febreiro de 2015

OS ANIMAIS

Ola arañas!

Dende hai unhas semanas estamos aprendendo novas cousas sobre os ANIMAIS. Primeiro recordamos todo o que xa sabíamos, se queres refrescalo podes ver este VÍDEO.

Despois aprendimos novas cousas, por exemplo, que os animais poden ser VERTEBRADOS ou INVERTEBRADOS, mira o VÍDEO.

Por últimos lanzámonos á piscina dos VERTEBRADOS para coñecelos un pouco máis e descubrimos que se clasifican en 5 grupos, mira estes vídeos:  MAMÍFEROS,   AVES E REPTILES  e  ANFIBIOS E PEIXES.

Agora podedes practicar todo o que sabedes nestes libros LIM.

OS  MAMÍFEROS

OS  PEIXES

OS  ANFIBIOS

AS  AVES

OS  REPTILES

Agora, sólo para as arañas máis atrevidas, podedes probar sorte con este xogo-concurso.

Para xogar preme AQUÍ

venres, 9 de xaneiro de 2015

AS ARAÑAS EXPOÑEN: CICLOS PRODUCTIVOS DOS ALIMENTOS.

Ola! Con esta entrada vanme a dar ganas de merendar, seguro.

Xusto antes das merecidas vacacións de Nadal, na nosa tea aprendimos moitas cousas sobre os alimentos: como agrupalos, aprendimos a clasificalos e identificalos según a súa orixe, fixemos menús, avaliamos se a nosa dieta era ou non saudable, traballamos con receitas, listas de compra, folletos publicitarios de supermercados e tamén fixemos grupos para aprender de forma cooperativa os procesos que hai que seguir para que cheguen ata nós algúns alimentos moi habituais nas nosas dietas. Mirade e escoitade o que nos contan as arañas: