Amosando publicacións coa etiqueta Cooperativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cooperativo. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de maio de 2017

AF7 2017 TELEARAÑAS

Un ano máis cubrimos como xornalistas deportivos o torneo AROUSA FÚTBOL 7. Así posábamos antes de comezar o noso traballo:

AS ARAÑAS XORNALISTAS

O noso traballo xa está recén saído do forno, dádelle ao play para estar informados do sucedido na 1ª xornada desta edición do AF7.

WELLINGTON PHOENIX vs F.C. BARCELONA


F.C. PORTO - MÁLAGA C.F.


E.D. XUVENTUDE OROSO - R.C. CELTA DE VIGO
 

VALENCIA C.F. - A.F.A. ANGOLA

Ata o próximo Telearañas!

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

sábado, 3 de decembro de 2016

SIGNAMOS

Ola xentiña grande e miuda que achegades o fuciño pola nosa tea!!

Hoxe as arañas presentámosvos un vídeo tutorial sobre LSE que realizamos xunto con Sandra, a nosa mestra en prácticas deste curso.

venres, 21 de outubro de 2016

DE PASEO POLA NOSA VILA

Hoxe as arañas puxemos rumbo a catro espazos da nosa vila adicados a importantes escritores/a.

Na clase, cada tea de arañas preparou previamente o seu percorrido e a biografía do escritor ou escritora a quen se lle adica o espazo. Mirade:

PLANO DE VILAGARCÍA E FOTOS DOS ESPAZOS QUE VISITAREMOS









Así foi o noso percorrido:

Primeiro Adela, Cecilia, Miguel, Sara e Iago guiáronnos ata a RÚA GARCÍA LORCA e presentaron a biografía do escritor.



A continuación tomaron o mando Pedro, Vania, Hugo e Adina levándonos ata a RÚA CASTELAO.



Cando chegamos á Praza de Galicia foron Paula, Aarón, Alberto e Sarah os que nos guiaron ata o PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ.



O último tramo realizámolo ás ordes de Anxo, Antía e Sara, que nos levaron ata a AVENIDA ROSALÍA DE CASTRO.



Rematamos o paseo aproveitando o pinar da PRAIA DA CONCHA para merendar e repoñer forzas antes de emprender rumbo á Lomba.


sábado, 7 de maio de 2016

AROUSA FÚTBOL 7

Seguimos en marcha, as arañas non paramos.

Así como rematamos co noso proxecto de activación do voluntariado MÓVETE, xa argallamos unha nova colaboración cunha asociación local, coa Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7 que organiza en Vilagarcía todos os anos o Torneo Internacional de Fútbol AROUSA FÚTBOL 7. Se queredes saber máis deste evento premede na súa web http://www.arousafutbol7.com/

Ata o de agora sempre visitáramos o torneo como público, pero este ano quixemos ir un pouco máis alá e mergullarnos no AF7 de outra forma, como prensa, e cubrimos a primeira xornada do venres como periodistas do TELEXORNAL DAS ARAÑAS.

Os grupos repartíronse as 3 tarefas que precisábamos para realizar os nosos telexornais: Presentadoras/es, reporteiras/os e entrevistadoras/es. Este foi o noso traballo:

PRESENTADORAS: Un membro da organización do AF7 visitou a nosa clase para informarnos e darnos detalles do evento, ademáis preparamos unha entrevista coa que queríamos obter información necesaria para redactar a noticia. Con toda esta información redactamos a noticia centrándonos en : Que? Cando? Onde? Quenes?

REPORTEIRAS: As reporteiras repartíronse 5 partidos da primeira xornada do venres, prepararon un texto informativo xeral e deixaron os ocos para recopilar a información no campo (resultados do partido, tarxetas e faltas).

ENTREVISTADORES: Cada entrevistador/a preparou coa axuda do seu grupo unha entrevista de 10 preguntas para realizar no estadio a un dos xogadores da súa elección do partido que lle tocou cubrir ao reporteiro/a do seu equipo.

Mirade, escoitade e informádevos:






Ata o próximo telexornal!

Como agasallo temos o que pedimos, un balón. Pero non un balón calquera, o balón co que se disputou a final firmado polo equipo gañador, o MÁLAGA C.F.


mércores, 28 de outubro de 2015

OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA

Hoxe as arañas cociñamos os petiscos que paparemos mañá na festa do Samaín. Xa somos case grandes así que temos que preparar as nosas merendas. Non si?

Primeiro hai que prepararse.




ARAÑAS


CABAZAS

FRANKENSTEIN

VASOIRAS DE BRUXA

VERMES


O punto e final desta actividade taaaaaaaaan nutritiva e terrorífica foi comelo todo na nosa merenda de Samaín.


martes, 27 de outubro de 2015

O HOME DO SACO

Achégase o Samaín e na tea das arañas colouse un home cun saco. Se despois de escoitar non podes durmir sentímolo mooooooooooito.


venres, 23 de outubro de 2015

domingo, 20 de setembro de 2015

NOVAS NO TELEXORNAL DAS ARAÑAS

Se tes dado algunha voltiña pola nosa tea últimamente xa sabes que as arañas estamos de volta no cole, pero se queres ver e escoitar as nosas últimas novas de primeira man tes que botarlle un ollo, e unha orella, a estes vídeos:

IAGO E PAULA

 ANAIS E HUGO

SARA E SONIA

ANXO E PEDRO

CECILIA E ALBERTO

ANTÍA, JOSE E SARAH

ADELA E DANI

SARA E TOÑO

venres, 11 de setembro de 2015

A NOVA TEA DAS ARAÑAS

Ola de novo a todas e todos!!  As arañas voltamos das nosas vacacións cheas de enerxía.

Sabedes que fixemos no noso primeiro día? 

TECER UNHA NOVA TEA!!

Empezar 3º é un gran momento e quixemos inmortalizalo cun PHOTOCALL:

CADA PARELLA ESCRIBIU UN BOCADILLO



ESCOLLEMOS ADORNOS

TEMOS ESCENARIO!!

Aquí está o resultado: 











mércores, 10 de xuño de 2015

ACCIÓNS POÉTICAS DAS ARAÑAS

Ola!

Esta semana na clase alternativa á Relixión Católica estivemos dándolle unha voltiña ao movemento ACCIÓN POÉTICA.

Primeiramente buscamos exemplos de ACCIÓNS POÉTICAS espalladas polo mundo adiante, limos, buscámoslles significados e gozamos moito coas palabras e a poesía libre. Aquí tedes dous exemplos pero a través do buscador Google atoparedes centos de exemplos máis.



A continuación, xuntámonos por parellas para crear xuntos ACCIÓNS POÉTICAS orixinais e finalmente saimos á cancha para espallar os nosos versos libres, mirade...

DAME UN ABRAZO SI TE SIENTES MAL.

TUS OJOS SON MARES QUE ME SALPICAN DE AMOR.

TE ESPERA EL SOL DEL AMOR.

EL AMOR SE PASEA POR EL CORAZÓN Y SE TIRA POR EL BALCÓN.

ESTOY MORADO DE COMER AMOR.

DESPACIO VOY CON MUCHO CORAZÓN.

LAS PLANTAS CRECEN CUANDO TÚ APARECES.

ÉCHATE A VOLAR QUE LA LUNA TE ESPERA.

VUELO SOBRE MÍ PARA DARTE UN BESO.