Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de decembro de 2016

FOLERPAS DE NEVE PARA O NADAL

Bo día arañas!

Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:

Mans á obra!!

luns, 28 de novembro de 2016

VOLVER A CASA NO NADAL

Ola arañas e demáis bicherío que andades a argallar pola nosa tea!

Xa temos escollida a panxoliña que cantaremos este ano no cole, aquí a tedes para practicar cada día un pouquiño:
 

Que vos parece? Deixade un comentario coa vosa opinión e...    A PRACTICAR!!   😃

mércores, 28 de outubro de 2015

OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA

Hoxe as arañas cociñamos os petiscos que paparemos mañá na festa do Samaín. Xa somos case grandes así que temos que preparar as nosas merendas. Non si?

Primeiro hai que prepararse.




ARAÑAS


CABAZAS

FRANKENSTEIN

VASOIRAS DE BRUXA

VERMES


O punto e final desta actividade taaaaaaaaan nutritiva e terrorífica foi comelo todo na nosa merenda de Samaín.


mércores, 3 de decembro de 2014

PANXOLIÑA DE TODO O ANO

Arañaaaaaaaas!!  Falta ben pouco para que comece o Nadal así que imos a comezar a preparar a panxoliña deste ano: PANXOLIÑA DE TODO O ANO, do grupo Mamá Cabra.


Que veña XANEIRO que é o mes primeiro
e tras del FEBREIRO que é moi pequeneiro.

E MARZO marzolo, trebón e raiolo
e despois ABRIL o das augas mil.

Veña o mes de MAIO con flores a esgallo
e máis tarde XUÑO cereixas nun puño.

Despois veña XULLO calor a barullo
e sígalle AGOSTO quentiño e composto.

Que veña SETEMBRO as uvas comendo,
logo OUTUBRO ronco co outono no lombo.

A seguir NOVEMBRO castañas quecendo,
por fin o Nadal que é o mes do final.

E esta panxoliña ao ano acabar,
na fin de DECEMBRO volve comezar.



xoves, 27 de novembro de 2014

O MAGOSTO

Outro ano máis no noso cole celebramos a festa do MAGOSTO. Ademáis de papar castañas asadas xogamos moito moitísimo, mirade:


Grazas a María, a nai de Anxo,  podemos ver este pedaciño da canción que preparamos coa axuda da profe Marisa e as flautistas de 6º B, ahí vai "TRES CASTAÑAS POLO CHAN":


luns, 17 de novembro de 2014

mércores, 2 de abril de 2014

DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO



Hoxe no cole celebramos o Día da Concienciación do Autismo, falamos sobre o autismo, fixemos un mural en forma de corazón coas nosas mans e moitas cores, e tamén lle botamos unha ollada a esta curtametraxe: "MI HERMANITO DE LA LUNA".


Despóis do recreo baixamos todas as arañas ao patio porque as nais e pais da ANPA tiñan preparado un bonito acto no que escoitamos unha fermosa historia, a historia de Lili e Dami, e soltamos a voar un feixe de globos azuis para que o autismo sexa cada vez máis visible. Mirade que bonito...

luns, 10 de marzo de 2014

O ENTROIDO NA NOSA TEA

Ola a todas e todos!

Por fin teño un pedaciño de tempo para traballar no noso blog e amosaros de que xeito as arañas pasamos o entroido na nosa tea, a proposta foi ben divertida, xogamos ao Meco e cada día traíamos ao cole o que o Meco nos suxería coas súas rimas. Mirade, mirade:

O LUNS

O MARTES

O MÉRCORES

O XOVES

O VENRES



venres, 31 de xaneiro de 2014

PALABRAS QUE CONSTRÚEN A PAZ

Onte as arañas celebramos o día da paz na nosa tea, como levábamos un tempiño ensaiando a canción da "Pombiña branca" baixamos a infantil en busca dun fantástico público co que compartir a nosa melodía, mirade que ben parecidos estamos:


Se ti tamén nos queres escoitar preme no título da canción e disfruta moito da nosa interpretación:


Tamén fixemos un mural titulado "PALABRAS QUE CONSTRÚEN A PAZ".


Como na foto nos se poden ler ben as palabras que nos axudan a construir a paz, fixemos un vídeo para que a ninguén se lle esquezan e todos as teñamos sempre presentes.


xoves, 19 de decembro de 2013

O APALPADOR VEN DE VISITA

Hoxe visitounos alguén moi especial, as nais e pais da ANPA pedíronlle ó Apalpador se podería facer unha paradiña no noso cole e...        Sabedes que pasou? Pois que o vello carboeiro veu encatado a facernos unha visitiña. Mirade:


O mellor foi cando as nais da ANPA cantaron a cantiga do Apalpador en estilo RAP. Que divertido!!!


Esta visita inspirounos para facer unhas tarxetas do Apalpador na noite estrelada do Courel e para cantar a cantiga nos tamén a súa cantiga,  mirade e escoitade:








venres, 13 de decembro de 2013

CHEGOU O NADAL

Ola a todos e todas, na tea de 1ºB estamos moi contentos e contentas porque está a piques de chegar unha época do ano que ás arañas gústanos moito: O NADAL.

Sabedes a onde chegou tamén o nadal? Ata o mundo vedoque mirade, mirade...

                                                  Xa sabes, se queres xogar preme AQUÍ

domingo, 17 de novembro de 2013

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Por fin chegou o día, o pasado xoves as arañas celebramos o magosto con todos os nenos e nas do cole. Ademáis de comer as castañas asadas xogamos moito, os profes prepararon un circuito de xogos moi divertido, mirade:




PILLAR OS RABOS


PILLAR OS RABOS


A CORDA

O PANO
AROS MUSICAIS

AROS MUSICAIS
LANZAR CASTAÑAS
CASTAÑA NA CULLER
E por suposto comemos as ricas castañas que as nais e pais da ANPA asaron para nos.


O día rematou na nosa clase pintando nas nosas tarxetas o que máis nos gustou da festa e sumando, por suposto, con castañas.




luns, 28 de outubro de 2013

O SAMAÍN

Xa se achega o SAMAÍN, unha festa que ás arañas moito nos gusta. Hoxe comezaron a chegar as primeiras cabazas ó cole, mirade...
CABAZAS DE PRIMARIA


CABAZAS DE INFANTIL

CABAZAS DE INFANTIL

A tradición de adornar cabazas polo Samaín ven de moi antigo, na época dos celtas preparábanse as cabazas simulando caveiras, iluminábanse na noite e poñíanse nos muros ou encastradas nas paredes de fora das casas para afastar ás ánimas errantes...           Ai que medo me da só de pensalo!!!

O Samaín, na época dos castrexos, era unha festa moi importante, celebraban o fin do verán e daban a benvida ás estacións máis oscuras e frías: o outono e o inverno. Hoxe en día aínda se siguen a facer festas de Samaín e no noso cole o AMPA ten preparada unha ben tenebrosa no pavillón o próximo mércores 30 ás 16:30, non a podedes perder.


Para rematar quero deixarvos unha canción de Samaín que compuxo o ferrolán Jesús Pareja e que a min moito me gusta.