mércores, 2 de abril de 2014

DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO



Hoxe no cole celebramos o Día da Concienciación do Autismo, falamos sobre o autismo, fixemos un mural en forma de corazón coas nosas mans e moitas cores, e tamén lle botamos unha ollada a esta curtametraxe: "MI HERMANITO DE LA LUNA".


Despóis do recreo baixamos todas as arañas ao patio porque as nais e pais da ANPA tiñan preparado un bonito acto no que escoitamos unha fermosa historia, a historia de Lili e Dami, e soltamos a voar un feixe de globos azuis para que o autismo sexa cada vez máis visible. Mirade que bonito...

Ningún comentario:

Publicar un comentario