Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de novembro de 2015

OS HOMES DO SACO DA NOSA TEA

 Algunhas arañas escritoras animáronse a escribir e contar na nosa tea os seus propios contos sobre o Home do Saco. Se queres escoitalos dalle ao PLAY.























mércores, 28 de outubro de 2015

OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA

Hoxe as arañas cociñamos os petiscos que paparemos mañá na festa do Samaín. Xa somos case grandes así que temos que preparar as nosas merendas. Non si?

Primeiro hai que prepararse.




ARAÑAS


CABAZAS

FRANKENSTEIN

VASOIRAS DE BRUXA

VERMES


O punto e final desta actividade taaaaaaaaan nutritiva e terrorífica foi comelo todo na nosa merenda de Samaín.


martes, 27 de outubro de 2015

O HOME DO SACO

Achégase o Samaín e na tea das arañas colouse un home cun saco. Se despois de escoitar non podes durmir sentímolo mooooooooooito.


venres, 23 de outubro de 2015

xoves, 30 de outubro de 2014

SAMAÍN!!!

De novo chega o SAMAÍN, arrepíos, medo, sustos, arañas en cada esquina, monstros, pantasmas, cabazas e moita moita diversión. Mirade, mirade:


As arañas saltaron da súa tea a dar unha voltiña, e de paso un par de sustos, polo cole. Mira, mira:


Mirade tamén os nosos acrónimos de SAMAÍN:



















luns, 28 de outubro de 2013

O SAMAÍN

Xa se achega o SAMAÍN, unha festa que ás arañas moito nos gusta. Hoxe comezaron a chegar as primeiras cabazas ó cole, mirade...
CABAZAS DE PRIMARIA


CABAZAS DE INFANTIL

CABAZAS DE INFANTIL

A tradición de adornar cabazas polo Samaín ven de moi antigo, na época dos celtas preparábanse as cabazas simulando caveiras, iluminábanse na noite e poñíanse nos muros ou encastradas nas paredes de fora das casas para afastar ás ánimas errantes...           Ai que medo me da só de pensalo!!!

O Samaín, na época dos castrexos, era unha festa moi importante, celebraban o fin do verán e daban a benvida ás estacións máis oscuras e frías: o outono e o inverno. Hoxe en día aínda se siguen a facer festas de Samaín e no noso cole o AMPA ten preparada unha ben tenebrosa no pavillón o próximo mércores 30 ás 16:30, non a podedes perder.


Para rematar quero deixarvos unha canción de Samaín que compuxo o ferrolán Jesús Pareja e que a min moito me gusta.