Estás na nosa rede, o blog das arañas de 4ºB do C.E.I.P. A LOMBA, unha tea que comezou a tecerse no curso 2013-14. Aquí atoparás moitas das cousas que facemos no noso día a día na escola: xogos para aprender, vídeos, música e moita información interesante que vamos tecendo pouco a pouco.
ENRÉDATE NA NOSA TEA!!
Ola arañas! Veño cos vosos contos recén saídos do forno.
Para os que non o sabedes, nun dos nosos últimos Clubes de Lectura lemos o libro "Los traspiés de Alicia Paff", escrito por Gianni Rodari e editado por Anaya. Esta vez a nosa lectura foi en castelán.
Cando rematamos o libro propúxenlle ás arañas que inventasen novos traspés, novos capítulos para esta pequena Alicia. Se queredes escoitar as novas aventuras, abride as orellas:
Así como rematamos co noso proxecto de activación do voluntariado MÓVETE, xa argallamos unha nova colaboración cunha asociación local, coa Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7 que organiza en Vilagarcía todos os anos o Torneo Internacional de Fútbol AROUSA FÚTBOL 7. Se queredes saber máis deste evento premede na súa web http://www.arousafutbol7.com/
Ata o de agora sempre visitáramos o torneo como público, pero este ano quixemos ir un pouco máis alá e mergullarnos no AF7 de outra forma, como prensa, e cubrimos a primeira xornada do venres como periodistas do TELEXORNAL DAS ARAÑAS.
Os grupos repartíronse as 3 tarefas que precisábamos para realizar os nosos telexornais: Presentadoras/es, reporteiras/os e entrevistadoras/es. Este foi o noso traballo:
PRESENTADORAS: Un membro da organización do AF7 visitou a nosa clase para informarnos e darnos detalles do evento, ademáis preparamos unha entrevista coa que queríamos obter información necesaria para redactar a noticia. Con toda esta información redactamos a noticia centrándonos en : Que? Cando? Onde? Quenes?
REPORTEIRAS: As reporteiras repartíronse 5 partidos da primeira xornada do venres, prepararon un texto informativo xeral e deixaron os ocos para recopilar a información no campo (resultados do partido, tarxetas e faltas).
ENTREVISTADORES: Cada entrevistador/a preparou coa axuda do seu grupo unha entrevista de 10 preguntas para realizar no estadio a un dos xogadores da súa elección do partido que lle tocou cubrir ao reporteiro/a do seu equipo.
Mirade, escoitade e informádevos:
Ata o próximo telexornal!
Como agasallo temos o que pedimos, un balón. Pero non un balón calquera, o balón co que se disputou a final firmado polo equipo gañador, o MÁLAGA C.F.
Ola arañas! Fixádevos nestas dúas imaxes, axudaranvos a refrescar a memoria sobre o que explicamos nas clases de Lingua Castelá sobre os sustantivos ou nomes. Lembra que podían ser:
Os comúns, ademáis, podían ser tamén:
Agora podes practicar todo o que sabes con estas actividades:
Xa sabedes que a comunicación pode ser de moitos tipos. Mirade este esquema, é moi parecido ó que fixemos na clase. Lembrades?
Ben, agora que xa refrescaches a memoria podes entrar no TRADUTOR para facer a túa tarefa sobre comunicación verbal e linguas. Cando remates podes deixar un comentario nesta entrada na lingua que queiras ;-) "Até já", é decir, ata pronto en portugués.
Se tes dado algunha voltiña pola nosa tea últimamente xa sabes que as arañas estamos de volta no cole, pero se queres ver e escoitar as nosas últimas novas de primeira man tes que botarlle un ollo, e unha orella, a estes vídeos:
Esta semana na clase alternativa á Relixión Católica estivemos dándolle unha voltiña ao movemento ACCIÓN POÉTICA.
Primeiramente buscamos exemplos de ACCIÓNS POÉTICAS espalladas polo mundo adiante, limos, buscámoslles significados e gozamos moito coas palabras e a poesía libre. Aquí tedes dous exemplos pero a través do buscador Google atoparedes centos de exemplos máis.
A continuación, xuntámonos por parellas para crear xuntos ACCIÓNS POÉTICAS orixinais e finalmente saimos á cancha para espallar os nosos versos libres, mirade...
DAME UN ABRAZO SI TE SIENTES MAL.
TUS OJOS SON MARES QUE ME SALPICAN DE AMOR.
TE ESPERA EL SOL DEL AMOR.
EL AMOR SE PASEA POR EL CORAZÓN Y SE TIRA POR EL BALCÓN.
Esperamos moito polo reconto de votos pero aquí o temos, xa sabemos cales foron as cartas máis votadas do 1º Ciclo no concurso de CARTAS DE AMOR que fixemos aló por febreiro para celebrar San Valentín. Este foi o resultado dos vosos votos:
Noraboa a Raquel de 2ºA e tamén, moi especialmente, á araña Adela!!!
Estas foron as súas cartas:
CARTA DE RAQUEL
MAPA DO CORAZÓN DE ADELA
Raquel e Adela leron de novo as súas cartas para os compañeiros e compañeiras:
Neste post atoparedes moitas actividades para repasar e practicar os contidos de LINGUA CASTELÁ que estamos a traballar na clase ultimamente. Mirade, mirade...
As arañas estamos de volta, bueno case todas porque hoxe faltaronnos 6, na nosa tea dispostas a tecer experiencias ben interesantes. Como ben sabedes visitamos a biblioteca de Rosalía todos os venres a primeira hora, así que para comezar este novo ano botamos unha vista atrás cara as nosas lecturas do pasado trimestre, estes foron os nosos libros favoritos.
Se queres saber máis mira este vídeo:
E este trimestre... MOITOS MÁIS CONTOOOOOOOOS!! GRAZAS ROSALÍAAAAA!!!
Ola arañas! En LINGUA CASTELÁ estamos aprendendo moitas cousas, para que repasedes e practiquedes deixo nesta entrada moitas actividades interesantes. Mirade:
CA-CO-CU QUE-QUI
Para recordar cando tes que escribir C e cando QU preme AQUÍ e AQUÍ, para practicar preme AQUI, AQUÍ e AQUÍ.