Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xuño de 2017

A IDADE ANTIGA

Bo día arañas!

Hoxe imos a ver uns vídeos sobre un tema que estamos tratando estas semanas na nosa tea: A Idade Antiga. Mira!

Comezamos co visionado do que foi, a grandes rasgos, a Idade Antiga:



COMO ERA A SOCIEDADE ROMANA?



COMO ERA SER NENO NA ANTIGA ROMA?



ÉRASE UNHA VEZ O HOME...     PAX ROMANA


xoves, 25 de maio de 2017

VOTACIÓN ABERTA

Ola arañas!

Aquí están as cancións que propuxéchedes e polas que podedes votar, a que teña máis votos será a que se bailará, cantará ou versionará no festival de fin de curso.

Votarás escribindo un comentario nesta entrada. Lembra que:

1.- Debes decir quen eres.
2.- Soamente podes votar por unha peza.
3.- Escribe o título completo da canción.

Podes votar ata o próximo venres 2 de xuño.


"HEY, SOUL SISTER" Train

"VIVA LA VIDA" Coldplay

"GIRANDO SIN PARAR" 3 + 2

"HAPPY" Pharrell Williams

"DON´T LET ME DOWN" The Chainsmokers

"LUMBRA" Cali y El Dandee

"VOLARE" Fabio Rovazzi

sábado, 13 de maio de 2017

AF7 2017 TELEARAÑAS

Un ano máis cubrimos como xornalistas deportivos o torneo AROUSA FÚTBOL 7. Así posábamos antes de comezar o noso traballo:

AS ARAÑAS XORNALISTAS

O noso traballo xa está recén saído do forno, dádelle ao play para estar informados do sucedido na 1ª xornada desta edición do AF7.

WELLINGTON PHOENIX vs F.C. BARCELONA


F.C. PORTO - MÁLAGA C.F.


E.D. XUVENTUDE OROSO - R.C. CELTA DE VIGO
 

VALENCIA C.F. - A.F.A. ANGOLA

Ata o próximo Telearañas!

luns, 24 de abril de 2017

LONXITUDE

Boas arañas!!


Hoxe na clase de mates lembramos as medidas de lonxitude que xa introducíramos o pasado ano. Atopei un vídeo da EDUTECA por se queredes refrescar.


luns, 20 de marzo de 2017

DITOS PARA BOTAR A SORTES

Boa semana arañas!

Na nosa tea estamos na procura de ditos para botar a sortes nos xogos. Aquí tedes o enlace a www.orellapendella.gal

Lembra a ruta para chegar: 1º DITOS ------- 2º XOGOS ------- 3º PARA BOTAR A SORTES

O venres gravamos!
 

luns, 20 de febreiro de 2017

ENTROIDO EN GALICIA

O fío vai de entroido...


Se queres saber máis sobre o entroido en Galicia entra no blog alombaengalego.blogspot.com . Xa sabes que hai un enlace permanente ao blog na banda esquerda. Pincha e listo!

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

mércores, 18 de xaneiro de 2017

APRENDENDO SOBRE AS FRACCIÓNS

Bo día arañas!

Como esta semana comezamos a practicar coas fraccións, aquí tedes un video e unhas actividades para repasar.

Para xogar pincha AQUÍ.

martes, 13 de decembro de 2016

FOLERPAS DE NEVE PARA O NADAL

Bo día arañas!

Imos a decorar a nosa porta cunhas folerpiñas de neve ben xeitosas. Mirade como se fan:

Mans á obra!!

sábado, 3 de decembro de 2016

LITTLE SNOWFLAKE

Hi spiders!  Here you have our Christmas carol. Let´s practice:

First, practice this version with lyrics and voice :


And now, let´s sing with the instrumental version:

SIGNAMOS

Ola xentiña grande e miuda que achegades o fuciño pola nosa tea!!

Hoxe as arañas presentámosvos un vídeo tutorial sobre LSE que realizamos xunto con Sandra, a nosa mestra en prácticas deste curso.

martes, 22 de novembro de 2016

PLAYCOMIC

Bo día arañas!

Aquí tedes PLAY COMIC, a aplicación para aprender a crear cómics.

Pincha AQUÍ para comezar a crear.

xoves, 17 de novembro de 2016

domingo, 6 de novembro de 2016

venres, 28 de outubro de 2016

OPERACIÓNS COMBINADAS

Ola arañas!





Se queredes practicar estes días as operacións combinadas que explicamos onte na clase de mates aquí deixo algunhas actividades:

OPERACIÓNS COMBINADAS 1
OPERACIÓNS COMBINADAS 2
OPERACIÓNS COMBINADAS 3

Se o que queres é practicar algunha división, aquí tes:

DIVISIÓN 1
DIVISIÓN 2
DIVISIÓN 3

martes, 18 de outubro de 2016

OS TRASPÉS DE ALICIA PAF, de Gianni Rodari

Ola arañas!  Veño cos vosos contos recén saídos do forno.

Para os que non o sabedes, nun dos nosos últimos Clubes de Lectura lemos o libro "Los traspiés de Alicia Paff", escrito por Gianni Rodari e editado por Anaya. Esta vez a nosa lectura foi en castelán.



Cando rematamos o libro propúxenlle ás arañas que inventasen novos traspés, novos capítulos para esta pequena Alicia. Se queredes escoitar as novas aventuras, abride as orellas:

luns, 10 de outubro de 2016

A NOSA VILA: Avenida Rosalía de Castro

A tea de arañas formada por Antía, Anxo, Sara P., e Daniel tocoulle investigar sobre a Avenida Rosalía de Castro.


Na clase recibiredes a biografía da autora Rosalía de Castro, pero aquí tedes algunha cousiña máis para completar a investigación e coñecerla mellor:

 BIOGRAFÍA CON IMAXES

CASA DE ROSALÍA EN PADRÓN

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

luns, 3 de outubro de 2016

O PERÍMETRO

Ola arañas xeométricas!!

Xa sabedes que estamos a practicar o cálculo de perímetros de figuras xeométricas planas. Lembra:


Se queres practicar o cálculo de perímetros enlaza con estas actividades:


 Preme AQUÍ


Preme AQUÍ

luns, 26 de setembro de 2016

CREAMOS MANDALAS CO COMPÁS

Ola a todas!

Nas sesións de plástica imos a empregar o compás para crear mandalas. Para que sexa máis sinxelo imos a ver un tutorial. Mira:


Agora que xa sabes por onde comezar, colle o teu compás.