Amosando publicacións coa etiqueta Sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sociais. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xuño de 2017

A IDADE ANTIGA

Bo día arañas!

Hoxe imos a ver uns vídeos sobre un tema que estamos tratando estas semanas na nosa tea: A Idade Antiga. Mira!

Comezamos co visionado do que foi, a grandes rasgos, a Idade Antiga:



COMO ERA A SOCIEDADE ROMANA?



COMO ERA SER NENO NA ANTIGA ROMA?



ÉRASE UNHA VEZ O HOME...     PAX ROMANA


venres, 21 de outubro de 2016

DE PASEO POLA NOSA VILA

Hoxe as arañas puxemos rumbo a catro espazos da nosa vila adicados a importantes escritores/a.

Na clase, cada tea de arañas preparou previamente o seu percorrido e a biografía do escritor ou escritora a quen se lle adica o espazo. Mirade:

PLANO DE VILAGARCÍA E FOTOS DOS ESPAZOS QUE VISITAREMOS









Así foi o noso percorrido:

Primeiro Adela, Cecilia, Miguel, Sara e Iago guiáronnos ata a RÚA GARCÍA LORCA e presentaron a biografía do escritor.



A continuación tomaron o mando Pedro, Vania, Hugo e Adina levándonos ata a RÚA CASTELAO.



Cando chegamos á Praza de Galicia foron Paula, Aarón, Alberto e Sarah os que nos guiaron ata o PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ.



O último tramo realizámolo ás ordes de Anxo, Antía e Sara, que nos levaron ata a AVENIDA ROSALÍA DE CASTRO.



Rematamos o paseo aproveitando o pinar da PRAIA DA CONCHA para merendar e repoñer forzas antes de emprender rumbo á Lomba.


mércores, 23 de setembro de 2015

VIAXAMOS ATA O SISTEMA SOLAR

Ola arañas!!

Nas clases de Ciencias Sociais imos a repasar todo o que aprendimos o ano pasado sobre o Sistema Solar e aprenderemos algunha cousa máis. Para empezar  podemos ver os vídeos que traballamos en 2ª, mirade:


Agora xa sabes que todos os planetas do Sistema Solar orbitan, é dicir, xiran ao redor dunha gran estrela chamada Sol. Se queres ver como orbitan preme AQUÍ.
Se queredes agora podemos dar unha voltiña polo Sistema Solar. Alguén se anima? Para despegar só tedes que premer AQUÍ

Impresionante viaxe, agora imos a repasar o nome dos planetas e onde están situados, para todo iso tes que facer estas actividades en orden:




Para rematar tes que pedirlle á profe unha folla para recoller algunha informacións sobre os planetas, le con atención e escoita as instruccións:


Se ao rematar todas estas actividades ainda tes curiosidade por coñecer máis cousas preme AQUÍ.