venres, 21 de outubro de 2016

DE PASEO POLA NOSA VILA

Hoxe as arañas puxemos rumbo a catro espazos da nosa vila adicados a importantes escritores/a.

Na clase, cada tea de arañas preparou previamente o seu percorrido e a biografía do escritor ou escritora a quen se lle adica o espazo. Mirade:

PLANO DE VILAGARCÍA E FOTOS DOS ESPAZOS QUE VISITAREMOS









Así foi o noso percorrido:

Primeiro Adela, Cecilia, Miguel, Sara e Iago guiáronnos ata a RÚA GARCÍA LORCA e presentaron a biografía do escritor.



A continuación tomaron o mando Pedro, Vania, Hugo e Adina levándonos ata a RÚA CASTELAO.



Cando chegamos á Praza de Galicia foron Paula, Aarón, Alberto e Sarah os que nos guiaron ata o PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ.



O último tramo realizámolo ás ordes de Anxo, Antía e Sara, que nos levaron ata a AVENIDA ROSALÍA DE CASTRO.



Rematamos o paseo aproveitando o pinar da PRAIA DA CONCHA para merendar e repoñer forzas antes de emprender rumbo á Lomba.


4 comentarios:

  1. Hola son Cecilia e encantame as fotos pero se sacas unha foto abisa porque en la maioria salgo eu cunha cara de apanpanada. GRACIAS

    ResponderEliminar
  2. Hola soy Hugo , estoy muy bien . Me encantan las fotos .
    Estoy en la escuela del hospital .

    ResponderEliminar
  3. Ola son Hugo ,maña ides a flipar unha foto no whatsapp ofixemos no cole do hospital.

    ResponderEliminar