luns, 28 de outubro de 2013

O SAMAÍN

Xa se achega o SAMAÍN, unha festa que ás arañas moito nos gusta. Hoxe comezaron a chegar as primeiras cabazas ó cole, mirade...
CABAZAS DE PRIMARIA


CABAZAS DE INFANTIL

CABAZAS DE INFANTIL

A tradición de adornar cabazas polo Samaín ven de moi antigo, na época dos celtas preparábanse as cabazas simulando caveiras, iluminábanse na noite e poñíanse nos muros ou encastradas nas paredes de fora das casas para afastar ás ánimas errantes...           Ai que medo me da só de pensalo!!!

O Samaín, na época dos castrexos, era unha festa moi importante, celebraban o fin do verán e daban a benvida ás estacións máis oscuras e frías: o outono e o inverno. Hoxe en día aínda se siguen a facer festas de Samaín e no noso cole o AMPA ten preparada unha ben tenebrosa no pavillón o próximo mércores 30 ás 16:30, non a podedes perder.


Para rematar quero deixarvos unha canción de Samaín que compuxo o ferrolán Jesús Pareja e que a min moito me gusta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario