xoves, 24 de outubro de 2013

AS ARAÑAS PERSEGUIMOS OS NOSOS SOÑOS

Hoxe é día de folga, e unha folga non é máis que unha loita polos dereitos que creemos xustos e necesarios, dalgunha maneira ir á folga é perseguir soños. Por todo isto paréceme que hoxe é un día moi apropiado para compartir con vos unha experiencia que vivimos na nosa tea.

As arañas tamén perseguimos os nosos soños, fai xa un par de semanas cada araña escribiu un desexo, un soño que quería alcanzar este ano no cole, e de forma simbólica formamos un círculo moi colorido coas nosas máns, un círculo que encerra os nosos desexos, uns soños que case case xa tocamos coa punta dos dedos. Mirade...


Ningún comentario:

Publicar un comentario