mércores, 23 de outubro de 2013

EU APOIO A FOLGA.

Hoxe na asamblea expliqueilles ás arañas os meus motivos para participar na folga e non ir a traballar o xoves 24 de outubro e por suposto quero compartilo con todos e todas:

Eu vou á folga porque defendo o noso dereito a unha educación pública gratuita de tod@s e para tod@s, porque creo que o noso goberno debe garantizar a igualdade de oportunidades no ámbito da educación dos nosos nenos e nenas e porque creo que recortando en educación seremos un pobo cada vez menos formado e crítico pero máis dócil e manipulable. Eu mañá non abrirei a porta da miña aula porque coa LOMCE na mesa estamos perdendo dereitos, liberdades e oportunidades.

Aquí tedes outra forma de dicilo...


Ningún comentario:

Publicar un comentario