luns, 29 de febreiro de 2016

MÓVETE COA "PROTE"

Este ano as arañas imos a movernos co programa MÓVETE , un proxecto piloto para a formación no voluntariado na Educación Primaria promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para ir abrindo boca aquí tedes a canción que nos acompañará durante todo o proxecto:


As arañas desenrolaremos as nosas accións voluntarias colaborando coa PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA. Se queres visitar a web da "PROTE" preme no seu enderezo

http://protectoravilagarcia.org/

PRIMEIRO MOVEMENTO: O primeiro movemento despois do obradoiro de motivación que nos ofreceu Ramón foi visitar a Protectora de Animais de Vilagarcía para coñecer mellor cal é a súa labor e como podemos nós axudar aos cans e gatos que alí viven. 

A Protectora está en Xiabre, na rúa Pinar do Rei s/n.
 Olaia explicounos todo o que precisabamos saber sobre a Protectora de Vilagarcía, as responsabilidades que implica adoptar un animal e como nós podíamos axudar de forma voluntaria.

Vimos canciños pequechos...

... e outros xigantes.
Agora entendemos por que é mellor adoptar e non mercar, ademáis sabemos cales son os coidados que precisan as mascotas e as nosas responsabilidades se decidimos ter unha.

SEGUNDO MOVEMENTO: Co noso segundo movemento queremos concienciar á sociedade que os animais son seres vivos e debemos coidalos, tamén queremos poñer en valor o fantástico e tan necesario traballo que se fai nas protectoras e especialmente na Protectora de Animais de Vilagarcía. Vaia se nos movemos, mirade...


POR QUE MERCAS UNHA MASCOTA from fatimaiglvil on Vimeo.


NON ABANDONES!! from fatimaiglvil on Vimeo.


O CAN ADOPTADO from fatimaiglvil on Vimeo.


NON ABANDONES AOS ANIMAIS from fatimaiglvil on Vimeo.


O CAN NA PROTECTORA from fatimaiglvil on Vimeo.


OS CANS E OS GATOS from fatimaiglvil on Vimeo.


COIDA AOS ANIMAIS from fatimaiglvil on Vimeo.


NON ABANDONES AOS TEUS AMIGOS from fatimaiglvil on Vimeo.


OS CANS PROTÉXENTE from fatimaiglvil on Vimeo.


OS ANIMAIS NON SE ADOPTAN TAN SO PORQUE SEXAN BONITOS from fatimaiglvil on Vimeo.

ENAMÓRATE

É UN AMIGO

OS CANS

OS CANS PERDIDOS HAI QUE LEVALOS Á PROTECTORA

O MELLOR AMIGO DO MUNDO

CHAMA Á PROTECTORA


TERCEIRO MOVEMENTO: Este movemento consistiu nun paseo de cans polos arredores da Protectora de Animais de Vilagarcía. No noso primeiro movemento, Olaia contounos que unha das necesidades que tiñan que cubrir era a educación emocional dos cans a través da socialización. Díxonos que hai grupos de voluntarios que acuden os fines de semana para pasear cans polos roteiros do monte Xiabre e Bamio. Así que convocamos ás familias, amigos e amigas para unha mañá de sábado voluntaria. Mirade como nos movemos...









GRAZAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!!

CUARTO MOVEMENTO: Con este movemento quixemos facer participar a todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole. Ensaiamos unha obra de teatro, un pequeno musical titulado "O PAÍS DOS SOMBREIROS FELICES". A mensaxe que quixemos transmitir foi a de axudarnos uns aos outros e copartir todos os nosos recursos para crear unha sociedade mellor. 
A prensa local fíxose eco deste 4º MOVEMENTO:

Ao rematar a obra "pasamos a gorra" para que os compañeiros e compañeairas aportasen o seu graniño de area, en forma de moedas, para colaborar coa Protectora de Animais de Vilagarcía. Así que ao rematar tocou contar moedas e máis moedas porque os nosos compas sonche mooooooooooi solidarios.
Primeiro cada un contou o seu montonciño.

Despois  sumamos o que tiña cada grupo de 4.
Finalmente sumamos o que tiñan todos os grupos. Dalle que te dalle á suma con decimais!

18 comentarios:

  1. ola son Cecilia e a cancion para min e moy pegadiza.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ceci! Si, é moi pegadiza. Fai que me mova cada vez que a escoito de novo.

      Eliminar
    2. Hola son Cecilia e...Tes razón Fati!!

      Eliminar
  2. SON IAGO GUSTAME MOITO A ENTRADA

    ResponderEliminar
  3. Parabéns a tódalas arañas do CEIP A LOMBA polo voso compromiso no proxecto "Móvete"!!!!! moito ánimo e vémonos o día 15 de abril!!

    Ramón

    ResponderEliminar
  4. Me encanta todo!! Muchas gracias por pensar en nosotros para realizar vuestro proyecto. Está genial!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós por ensinarnos tantas cousas e facernos reflexionar e movernos.

      Eliminar
  5. Hola a todos estoy impaciente por ir a Santiago

    ResponderEliminar
  6. Ola son Adela e estou vendo as curtas e estan moi ben.

    ResponderEliminar
  7. ¡¡¡¡¡¡¡Hola chicos y chicas!!!!!!!
    Ha estado todo lo del Programa MÓVETE genial, lo habéis hecho muy bien :D
    Espero que sigáis portándoos bien, subiendo la pinza y estudiando mucho todos los días.
    ¡¡¡Nos vemos pronto!!!
    Un bicooooooooo


    Carmen

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Carmen eres a millor !!!!!!!!!! (; ( ; fala moito con alba ata logo

      ALBERTO ♥♥

      Eliminar
  8. Ola son Adela, esaba escoitando a canción e vendo as curtas voto de menos a visita a Protectora e ir a Santiago.

    ResponderEliminar
  9. Son Adela de novo, e digo eu que ao mellor este sabado vou ir a pasear cans.

    ResponderEliminar
  10. Aunque xa fai un tempo que se puxo de moda :D .Sigueme encantando.

    ResponderEliminar