Para ir abrindo boca aquí tedes a canción que nos acompañará durante todo o proxecto:
As arañas desenrolaremos as nosas accións voluntarias colaborando coa PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA. Se queres visitar a web da "PROTE" preme no seu enderezo
http://protectoravilagarcia.org/
PRIMEIRO MOVEMENTO: O primeiro movemento despois do obradoiro de motivación que nos ofreceu Ramón foi visitar a Protectora de Animais de Vilagarcía para coñecer mellor cal é a súa labor e como podemos nós axudar aos cans e gatos que alí viven.
A Protectora está en Xiabre, na rúa Pinar do Rei s/n. |
Olaia explicounos todo o que precisabamos saber sobre a Protectora de Vilagarcía, as responsabilidades que implica adoptar un animal e como nós podíamos axudar de forma voluntaria. |
Vimos canciños pequechos... |
... e outros xigantes. |
Agora entendemos por que é mellor adoptar e non mercar, ademáis sabemos cales son os coidados que precisan as mascotas e as nosas responsabilidades se decidimos ter unha.
SEGUNDO MOVEMENTO: Co noso segundo movemento queremos concienciar á sociedade que os animais son seres vivos e debemos coidalos, tamén queremos poñer en valor o fantástico e tan necesario traballo que se fai nas protectoras e especialmente na Protectora de Animais de Vilagarcía. Vaia se nos movemos, mirade...
SEGUNDO MOVEMENTO: Co noso segundo movemento queremos concienciar á sociedade que os animais son seres vivos e debemos coidalos, tamén queremos poñer en valor o fantástico e tan necesario traballo que se fai nas protectoras e especialmente na Protectora de Animais de Vilagarcía. Vaia se nos movemos, mirade...
ENAMÓRATE
É UN AMIGO
OS CANS
OS CANS PERDIDOS HAI QUE LEVALOS Á PROTECTORA
O MELLOR AMIGO DO MUNDO
CHAMA Á PROTECTORA
TERCEIRO MOVEMENTO: Este movemento consistiu nun paseo de cans polos arredores da Protectora de Animais de Vilagarcía. No noso primeiro movemento, Olaia contounos que unha das necesidades que tiñan que cubrir era a educación emocional dos cans a través da socialización. Díxonos que hai grupos de voluntarios que acuden os fines de semana para pasear cans polos roteiros do monte Xiabre e Bamio. Así que convocamos ás familias, amigos e amigas para unha mañá de sábado voluntaria. Mirade como nos movemos...
GRAZAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!!
CUARTO MOVEMENTO: Con este movemento quixemos facer participar a todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole. Ensaiamos unha obra de teatro, un pequeno musical titulado "O PAÍS DOS SOMBREIROS FELICES". A mensaxe que quixemos transmitir foi a de axudarnos uns aos outros e copartir todos os nosos recursos para crear unha sociedade mellor.
A prensa local fíxose eco deste 4º MOVEMENTO:
Ao rematar a obra "pasamos a gorra" para que os compañeiros e compañeairas aportasen o seu graniño de area, en forma de moedas, para colaborar coa Protectora de Animais de Vilagarcía. Así que ao rematar tocou contar moedas e máis moedas porque os nosos compas sonche mooooooooooi solidarios.
Primeiro cada un contou o seu montonciño. |
Despois sumamos o que tiña cada grupo de 4. |
Finalmente sumamos o que tiñan todos os grupos. Dalle que te dalle á suma con decimais! |
ola son Cecilia e a cancion para min e moy pegadiza.
ResponderEliminarOla Ceci! Si, é moi pegadiza. Fai que me mova cada vez que a escoito de novo.
EliminarHola son Cecilia e...Tes razón Fati!!
EliminarSON IAGO GUSTAME MOITO A ENTRADA
ResponderEliminarParabéns a tódalas arañas do CEIP A LOMBA polo voso compromiso no proxecto "Móvete"!!!!! moito ánimo e vémonos o día 15 de abril!!
ResponderEliminarRamón
Ola son Cecilia e...Ramon !!!AAAAAAAAA!!
EliminarMe encanta todo!! Muchas gracias por pensar en nosotros para realizar vuestro proyecto. Está genial!!
ResponderEliminarGrazas a vós por ensinarnos tantas cousas e facernos reflexionar e movernos.
EliminarHola a todos estoy impaciente por ir a Santiago
ResponderEliminarEu tamén ;-)
EliminarOla son Adela e estou vendo as curtas e estan moi ben.
ResponderEliminarCoincido coa túa opinión. Están moi pero que moi ben.
Eliminar¡¡¡¡¡¡¡Hola chicos y chicas!!!!!!!
ResponderEliminarHa estado todo lo del Programa MÓVETE genial, lo habéis hecho muy bien :D
Espero que sigáis portándoos bien, subiendo la pinza y estudiando mucho todos los días.
¡¡¡Nos vemos pronto!!!
Un bicooooooooo
Carmen
Carmen eres a millor !!!!!!!!!! (; ( ; fala moito con alba ata logo
EliminarALBERTO ♥♥
Ola son Adela, esaba escoitando a canción e vendo as curtas voto de menos a visita a Protectora e ir a Santiago.
ResponderEliminarSon Adela de novo, e digo eu que ao mellor este sabado vou ir a pasear cans.
ResponderEliminarParéceme un moi bo plan.
EliminarAunque xa fai un tempo que se puxo de moda :D .Sigueme encantando.
ResponderEliminar