sábado, 7 de maio de 2016

AROUSA FÚTBOL 7

Seguimos en marcha, as arañas non paramos.

Así como rematamos co noso proxecto de activación do voluntariado MÓVETE, xa argallamos unha nova colaboración cunha asociación local, coa Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7 que organiza en Vilagarcía todos os anos o Torneo Internacional de Fútbol AROUSA FÚTBOL 7. Se queredes saber máis deste evento premede na súa web http://www.arousafutbol7.com/

Ata o de agora sempre visitáramos o torneo como público, pero este ano quixemos ir un pouco máis alá e mergullarnos no AF7 de outra forma, como prensa, e cubrimos a primeira xornada do venres como periodistas do TELEXORNAL DAS ARAÑAS.

Os grupos repartíronse as 3 tarefas que precisábamos para realizar os nosos telexornais: Presentadoras/es, reporteiras/os e entrevistadoras/es. Este foi o noso traballo:

PRESENTADORAS: Un membro da organización do AF7 visitou a nosa clase para informarnos e darnos detalles do evento, ademáis preparamos unha entrevista coa que queríamos obter información necesaria para redactar a noticia. Con toda esta información redactamos a noticia centrándonos en : Que? Cando? Onde? Quenes?

REPORTEIRAS: As reporteiras repartíronse 5 partidos da primeira xornada do venres, prepararon un texto informativo xeral e deixaron os ocos para recopilar a información no campo (resultados do partido, tarxetas e faltas).

ENTREVISTADORES: Cada entrevistador/a preparou coa axuda do seu grupo unha entrevista de 10 preguntas para realizar no estadio a un dos xogadores da súa elección do partido que lle tocou cubrir ao reporteiro/a do seu equipo.

Mirade, escoitade e informádevos:






Ata o próximo telexornal!

Como agasallo temos o que pedimos, un balón. Pero non un balón calquera, o balón co que se disputou a final firmado polo equipo gañador, o MÁLAGA C.F.


11 comentarios:

  1. Vivan estes reporteiros. Entrevistadores e presentadores. Hai moito traballo detrás destes telexornais.!!!! ;-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo teu comentario, pero gustaríanos saber quen eres. Non permitimos comentarios anónimos no blog.

      Eliminar
  2. Hola soy Vania este telediario mola muchoooooo

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Hugo.Los telediarios están super chulos.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Adela,encantantáronme todos os telediarios.
    RETO SUPERADO!!

    ResponderEliminar
  5. Está genial. Como siempre un grandísimo trabajo!!!!

    Un besito. Olaia.

    ResponderEliminar
  6. Soy Adela
    GRACIAS OLAIA!!

    ResponderEliminar
  7. OLA SON CECILIA E... MÁIS MÁIS MÁIS FOTOS DE AF7 SERIA CHACHI PIRULI

    ResponderEliminar
  8. Que guay está el balon, asta luego.

    Hugo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eh Hugo e compañia eu son Iago e espero que non os volvan a requisar o balon este curso.

      Eliminar