mércores, 23 de setembro de 2015

VIAXAMOS ATA O SISTEMA SOLAR

Ola arañas!!

Nas clases de Ciencias Sociais imos a repasar todo o que aprendimos o ano pasado sobre o Sistema Solar e aprenderemos algunha cousa máis. Para empezar  podemos ver os vídeos que traballamos en 2ª, mirade:


Agora xa sabes que todos os planetas do Sistema Solar orbitan, é dicir, xiran ao redor dunha gran estrela chamada Sol. Se queres ver como orbitan preme AQUÍ.
Se queredes agora podemos dar unha voltiña polo Sistema Solar. Alguén se anima? Para despegar só tedes que premer AQUÍ

Impresionante viaxe, agora imos a repasar o nome dos planetas e onde están situados, para todo iso tes que facer estas actividades en orden:




Para rematar tes que pedirlle á profe unha folla para recoller algunha informacións sobre os planetas, le con atención e escoita as instruccións:


Se ao rematar todas estas actividades ainda tes curiosidade por coñecer máis cousas preme AQUÍ.

6 comentarios: