luns, 17 de febreiro de 2014

O SUPERMERCADO DAS ARAÑAS

O pasado venres montamos un pequeno supermercado na nosa tea para poñer en práctica moitas das cousas que estamos aprendendo, sobre todo o que ten que ver coas competencias lingüísticas e matemáticas.


Fixemos parellas, unha das arañas era a tendeira e a outra a clienta. A araña clienta tiña que ir ao caixeiro automático a por 20 regletas para mercar algo no super, para saber se podía ou non mercar os productos tiña que preguntar os precios. A araña tendeira, ademáis de informar sobre os precios dos seus productos, tiña que facer o ticket de compra que por un lado levaba escrito o producto mercado co seu precio e polo outro a conta para saber canto lle tiña que dar de volta á clienta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario