luns, 17 de febreiro de 2014

EXPERIMENTO: O CICLO DA AUGA

O venres pasado foi un día ben completo, ao rematar o tempo de recreo xuntámonos de novo na nosa tea para facer un sinxelo experimento, fixemos unha pequena demostración das tres fases que xa coñecemos do CICLO DA AUGA: evaporación, condensación e precipitación.


Para realizalo precisamos:

- Un cazo.
- Unha xerra de cristal.
- Un prato.
- Auga en estado líquido.
- Auga en estado sólido.
- Unha cociña.

Estes son os pasos:

EVAPORACIÓN: Poñemos a quentar no cazo a auga, cando comece a ferver verás como empeza a evaporarse e se transforma en gas (vapor de auga).

CONDENSACIÓN: Rápidamente métea na xerra de cristal e tapa co prato, verás como se condensa e se forma unha pequena nube. Ollo esta fase dura moi pouco.

PRECIPITACIÓN: Pon o xeo no prato, a causa do brusco cambio de temperatura esa nube comezará a transformarse de novo en pingas de auga, entón estarás vendo a precipitación.


As arañas levaron o experimento por escrito, a ver si algunha se anima a facelo na súa propia tea coa familia.

ADELA animouse a experimentar, mirade o seu resultado:


Ningún comentario:

Publicar un comentario