domingo, 24 de novembro de 2013

MARTHAZUL E AUGUSTO VISITAN A NOSA TEA

Este pasado xoves 21 de novembro foi un día moi especial, os nosos desexos víronse cumpridos e finalmente AUGUSTO  e  MARTHAZUL  visitaron a tea das arañas de 1ºB.


Despois de recibir a súa carta confirmando a visita sinalamos nas nosas axendas a data do gran acontecemento e preparamos entre todas as arañas unha entrevista. Aquí a tedes:


Como é lóxico, estas catro preguntas abriron a porta de outras moitas máis.

Ó rematar a nosa conversa pasámolo xenial coa proposta de Marthazul e Augusto relacionada co seu libro 11 MANERAS DE LLEGAR A LA LUNA que tanto desfrutamos na nosa tea. Trouxeron unha pequena araña-títere para cada un de nos, unha ilustración de papel e plantexaron esta pregunta: "COMO CHEGARÍADES AS ARAÑAS ATA A LÚA?"


E como ás arañas desfrutamos moito cos retos, comezamos a imaxinar camiños que nos levaran ata a lúa...


Algunhas arañas chegaron voando co fume da cheminea, outras trepando polas árbores e estirándose, tamén algunha aproveitou a elasticidade dos cogomelos, en fin, 20 novas formas de chegar ata a lúa saíron da nosa tea.

Finalmente, despois de personalizar as ilustracións e as araña-títere con cores e elementos novos saídos da nosa imaxinación, comportámonos como admiradores e admiradoras destes grandes artistas e fixemos o que todo admirador fai: pedir que nos firmases un autógrafo.


Realmente pasámolo xenial. Moitas grazas pola vosa visita Marthazul e Augusto, voltade cando desexedes, a nosa tea é xa a vosa tea tamén.

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por invitarnos, lo disfrutamos mucho y me dio mucho gusto ver a un profe tan llena de pasión y comprometida con la causa. Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Siempre serán bienvenidos en nuestra tela. Salud :o)

    ResponderEliminar