martes, 29 de outubro de 2013

EXPERIMENTAMOS COS NOSOS SENTIDOS

Hoxe foi un intenso día e para rematalo fixemos unha actividade na que experimentamos cos nosos sentidos e puxemos en práctica todo o que aprendemos deles ata agora.

Comezamos recoñecendo estas froitas que vedes na foto, recordamos os seus nome e aprendemos a signalos coas nosas mans en Lingua de Signos. Ata o de agora moi fácil porque empregando o sentido da VISTA as arañas sabemos diferenciar perfectamente un limón dunha laranxa. Pero que pasa se non podemos ver? Démonos conta que ando non podemos empregar o sentido da vista temos que sentir cos outros sentidos e iso foi o que fixemos, tapar os ollos cun pano e sentir cos outros sentidos.

Primeiro co TACTO.


Segundo co OLFATO.


E por último co GUSTO.


Empregando os nosos sentidos neste orden (tacto, olfato e gusto) todos e todas adiviñamos as froitas que tiñamos nas nosas más.

Neste experimento quedounos un sentido sen empregar, as arañas xa adiviñamos cal era. E vos?

Se queredes seguir practicando cos sentidos aquí vos deixo dúas actividades novas:


Preme AQUÍ para xogar.

Preme AQUÍ para xogar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario