mércores, 30 de outubro de 2013

É TEMPO DE COGOMELOS

Estamos en tempo de cogomelos e motivados pola Agrupación A CANTARELA e o seu "Outono Micolóxico" na nosa rede entrou o mundo dos cogomelos.

Fai unhas semanas recibimos unha carta cunha convocatoria para participar no concurso de debuxo que cada ano organiza a agrupación, así que mans a obra comezamos a buscar información das setas por internet e nalgúns libros que as arañas trouxeron das súas casas.

Neste vídeo podedes ver os debuxos que fixeron as arañas:


A xente da CANTARELA tamén nos daba a opción de facer unha maqueta sobre o mesmo tema, os cogomelos, así que nos coordinamos coa nosa clase veciña, 1ºA, para facer un bosque de outono cheo de cogomelos.

Estes foron os materiais da natureza que empregamos:

CARBALLO

CASTAÑO

PINO

PLÁTANO DE SOMBRA

MILLO

 Este foi parte do proceso:










  E aquí está o resultado:








Dentro duns días xa vos darei máis detalles sobre a exposición de maquetas que está a organizar a Agrupación Micolóxica A CANTARELA coas maquetas presentadas polos coles. Se queredes saber algo máis sobre a A CANTARELA podedes visitar a súa páxiña web http://www.cantarela.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario