mércores, 25 de novembro de 2015

A PANXOLIÑA DE 3º

Primiciaaaaaa!!! 

Se estás por aquí escoitarás en primicia, antes que ninguén, a panxoliña que cantaremos na festa de Nadal do cole os nenos e nenas de 3º A e B.

Para escoitala preme AQUÍ.


Paseniño, quen se achega no camiño?
Un señor de bo humor, con camisola de liño.

Torta, torta. Quen está detrás da porta?
Un señor de bo humor, con camisola de liño,
chaleco de percal e unha chaqueta moi longa.

Eu son o Apalpador, entro e saio con sixilo,
apalpando nas barrigas das meniñas e os meniños.
Eu son o Apalpador, entro e saio con sixilo,
pra deixarlle un agasallo a quen lle atope o embigo.

Tiña, tiña. Quen remexe na cociña?
Un señor de bo humor, con camisola de liño,
con chapeu de soñador e un calzón de pana fina.

Atención. Quen zoroña no salón?
Un señor de bo humor, con camisola de liño,
con medias de maia densa e unhas luvas de cartón.

Eu son o Apalpador, entro e saio con sixilo,
apalpando nas barrigas das meniñas e os meniños.
Eu son o Apalpador, entro e saio con sixilo,
pra deixarlle un agasallo a quen lle atope o embigo.

Farto, farto. Quen está entrando no cuarto?
Un señor de bo humor, con camisola de liño,
unhas zocas de caoba e as alpargatas de esparto.

Emoción. Quen nomea coa canción?
Un señor de bo humor, con camisola de liño,
con alpargatas de esparto que murmura esta cantiga.
                                                         
Eu son o Apalpador, cando a xente está durmindo
no día de Fin de Ano entro e saio con sixilo. ( x 4)
 

3 comentarios:

  1. Ola son Sarah gustame moito esta cantiga que puxeste grazas Fatima

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola son vania tés razón sarah a min gustame moitisimo!

      Eliminar
    2. De nada Sarah, a min tamén me gusta moito moitísimo.

      Eliminar