mércores, 3 de decembro de 2014

PANXOLIÑA DE TODO O ANO

Arañaaaaaaaas!!  Falta ben pouco para que comece o Nadal así que imos a comezar a preparar a panxoliña deste ano: PANXOLIÑA DE TODO O ANO, do grupo Mamá Cabra.


Que veña XANEIRO que é o mes primeiro
e tras del FEBREIRO que é moi pequeneiro.

E MARZO marzolo, trebón e raiolo
e despois ABRIL o das augas mil.

Veña o mes de MAIO con flores a esgallo
e máis tarde XUÑO cereixas nun puño.

Despois veña XULLO calor a barullo
e sígalle AGOSTO quentiño e composto.

Que veña SETEMBRO as uvas comendo,
logo OUTUBRO ronco co outono no lombo.

A seguir NOVEMBRO castañas quecendo,
por fin o Nadal que é o mes do final.

E esta panxoliña ao ano acabar,
na fin de DECEMBRO volve comezar.



9 comentarios:

  1. Ola son Fátima.Estou ensaiando na casa todos os días a nosa panxoliña.

    ResponderEliminar
  2. Hola soy Vania. Me encanta la panxoliña.

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Sara. Me encanta la panxoliña.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Toño. Na casa estou ensaiando a panxoliña de todo o ano.

    ResponderEliminar
  5. Hola soy Paula. Me encanta la panxoliña.

    ResponderEliminar
  6. Ola son Adela. Non sei porque elexiches outra cancion que teño.

    ResponderEliminar
  7. Ola son Iago . Me gusta a panxoliña

    ResponderEliminar
  8. Ola ola ola ola son Iago. Que me gusta que xa non. Sigeme gustando e que mola mogollon

    ResponderEliminar