domingo, 30 de marzo de 2014

XERMINAMOS FABAS

Ola compañeiras!

Estas pasadas dúas semanas, acompañadas de Isabel a nosa profe de prácticas, fixemos un experimento moi interesante, xerminamos unha faba e fomos anotando os cambios nun diario de observación. Como boas arañas científicas o noso método é o seguinte: EXPERIMENTAR, OBSERVAR, REXISTRAR E VALORAR.

Os elementos que empregamos foron ben sinxelos: 1 semente de faba, un vaso de plástico transparente e algodón, ademáis do noso diario de observación.

Como xa  sabíamos que as plantas precisan aire, terra (neste caso sustituímola por algodón), luz e auga para vivir, puxemos os vasos preto dunha fiestra e cada día comprobamos a humidade.

Foi moi interesante ver que os resultados non son sempre os mesmos, mentras algunhas fabas chegaron a xerminar e mesmo a conseguir 3 follas e un talo de 10 centímetros, outras quedaron encharcadas por exceso de auga. O máis interesante foi ver e comprobar que dunha semente podemos conseguir outra planta, e desa planta máis sementes e como coa auga, o das plantas, é un ciclo que sempre comeza de novo.

Mirade os resultados:



Ningún comentario:

Publicar un comentario