luns, 13 de xaneiro de 2014

REPRESENTAMOS NÚMEROS

As arañas seguimos a traballar cos números e as súas cantidades, hoxe na clase representámolos de moitas formas, mirade:


Unha vez máis traballamos por parellas, entre dúas arañas debíamos:

1º Averiguar os números que se escondían nos ábacos das nosas fichas.
2º Escribir o número.
3º Representalo cos "números planos".
4º Escribir o número en forma de suma de dous sumandos.

Se non tedes ábaco na casa e queredes practicar, aquí vos enlazo un par deles que atopei pola rede.

                                          Para entrar preme AQUÍ

                                             Para entrar preme AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario