luns, 27 de xaneiro de 2014

A CASA

Estes días estamos a aprender cousas sobre as vivendas e os edificios, por exemplo aprendimos a interpretar un plano e fomos a dar unha volta pola nosa planta do cole guiándonos polo plano de evacuación que temos colgado na nosa clase.

Buscando e rebuscando atopei un xogo que igual vos gusta para practicar o vocabulario que todos coñecemos sobre este tema, non atopei nada en galego así que practicaremos o noso castelán.

                                          Xa sabedes, se queredes xogar permede AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario