sábado, 14 de decembro de 2013

RETO MATEMÁTICO

Ola compañeiras e compañeiros de tea.

A comezos desta semana, Adela trouxo un ábaco que lle regalaran cando era pequena, na nosa tea espertou moita curiosidade e comenzamos a manipulalo, contar as súas bolas, ver as súas cores e comparar cantidades, etc. Deunos moito xogo este ábaco, e alguén lanzou o noso primeiro "reto matemático": CANTO SUMAN TODAS AS BOLAS DO ÁBACO DE ADELA?

O venres a primeira hora comezamos a botar fume polas orellas tentando resolver este reto.



O primeiro paso foi plantexar o reto en forma de operación e todas acordamos que o mellor era facer unha suma, a suma quedou así:

10 + 9 + 8 + 7 + 6 + 5 + 4 + 3 + 2 + 1 =  ¿?

Antía, unha das arañas da nosa tea, decidiu empregar as regletas para chegar á solución deste reto, se queres ver como o fixo preme AQUÍ
                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario