domingo, 29 de setembro de 2013

OS RESTAURANTES DAS ARAÑAS

Durante esta semán e a pasada, as arañas descubrimos moitas cousas sobre os alimentos e sobre como debemos combinalos para que a nosa dieta sexa saudable, coñecimos a pirámide alimenticia e aprendemos a sacar dela moita información, repasamos a orixe dos alimentos, recordamos como hai que gardalos para que se conserven mellor e tamén organizamos as nosas merendas do cole para que fosen variadas e saudables.

Este venres, pra rematar con este tema, propúxenlles ás arañas xuntarse en parellas para crear un RESTAURANTE, as arañas, encantadas, enroláronse nesta tarefa. A proposta consistía en:

1º Cos nomes das arañas da parella debían formar, xogando coas sílabas, un nome para o seu restaurante.

2º Elaborar un menú saudable formado por 2 primeiros, 2 segundos, 2 postres e 2 bebidas.

3º Unha vez consensuado o menú debían ir mercar os ingredientes que precisaba o seu menú ó supermercado.

Mirade, mirade...


Ningún comentario:

Publicar un comentario