mércores, 9 de setembro de 2015

LISTA DE MATERIAL


MATERIAL DE 3º B  PARA O CURSO 2015-16

O material que teñan do ano pasado pode ser reutilizado e aproveitado.

  •       1 Estuche tipo neceser con dous compartimentos.
  •       1 Tesoiras.
  •       1 Barra de pegamento.
  •        1 Caixa de lapis de 12 cores.
  •       2 Lapis nº 2 HB.
  •      1 Lapis bicolor azul-vermello.
  •       2 Gomas.
  •        1 Afialapis.
  •        Regra de 30 cm (se tedes algunha de 40 ou 50 cm tamén vale, menos de 30 mellor non).
  •       Carpeta A4 sinxela (a que tiñan o ano pasado para tarefas).
  •        1 Arquivador A4 AZUL (sen debuxos) de 4 argolas, mecánica15 mm (140 páxinas de capacidade + ou -), sen compresor.
  •        1 Arquivador  A4 VERDE (sen debuxos) de 4 argolas, mecánica 15 mm (140 páxinas de capacidade + ou -), sen compresor.
  •        1 Arquivador A4 VERMELLO (sen debuxos) de 4 argolas, mecánica 20 mm (185 páxinas de capacidade + ou -), sen compresor.
  •        Recambio 100 follas A4 de 80-90 gr para carpeta de 4 argolas, con marxe esquerdo e pauta de 3.5 mm.
  •        Recambio 100 follas A4 de 80-90 gr para carpeta de 4 argolas, con marxe esquerdo e cuadrículas de 6x6.
  •        1 Coxín.
  •        1 caixa de zapatos.
  •        Dicionario de galego, recomendamos PEQUENO DICIONARIO XERAIS DA LINGUA  ou similar.

RELIXIÓN: - 1 Caderno grande de dobre pauta SEN ESPIRAL.

INGLÉS:   - 1 Caderno grande de pauta 3.5 mm CON ESPIRAL.
                 - 1 sobre plástico tamaño A4.

IMPORTANTE:
  •   Se vos parece moito material ide mercando e traendo pouco a pouco, por exemplo, traede primeiro os recambios e máis adiante os arquivadores, aproveitade os lapis de cor do ano pasado e cando se gasten mando aviso para mercar outros.
  •   Todo o material ten que vir marcado de forma clara co nome do neno ou nena.
  •   Antes de mercar revisade o tamaño e características tanto dos arquivadores coma dos recambios, que non vos vendan gato por lebre.
  •  Na clase hai varios dicionarios, se agora é moito gasto podemos esperar ata outubro.

Proponse facer un fondo común de 5 €, igual que o ano pasado, para ir mercando ao longo do curso outro tipo de material de uso común (acuarelas, rotuladores, material para plástica e ciencias, etc). Falarase desta proposta na reunión de grupo que se celebrará o MARTES  29 de SETEMBRO ás 18:00 na sala de usos múltiples do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario