venres, 3 de outubro de 2014

O ESQUELETO

Hoxe na nosa tea pechamos o noso traballo sobre os ósos do noso esqueleto. Esta vez fixemos, de forma cooperativa mesturando arañas de distintas teas, dúas tarefas.

Primeiro rematamos de construir e etiquetar un esqueleto, e despois repartimos radiografías entre os grupos para velas, analizalas e identificar os ósos que se podían ver nelas, bueno ósos e o que non eran ósos porque nalgunha vimos tamén tornillos.

Mirade, mirade:


Ningún comentario:

Publicar un comentario