sábado, 11 de outubro de 2014

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS



Ola arañas!    Levo toda a semana querendo escribir esta entrada no blog e por fin teño un pedaciño de tempo para facelo.

O pasado luns fixemos a nosa primeira saída do curso para ver unha obra de teatro, nesta ocasión montamos nun bus para ir ata o Auditorio Municipal de Vilagarcía a ver representada polo Centro Dramático Galego  a obra AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS, escrita polo escritor galego Carlos Casares.
 Os fotógrafos do xornal A Voz de Galicia fixeron unhas fotos da nosa visita, eu xa atopei algunha das arañas da nosa tea nas fotos, se queredes velas premede AQUÍ.

Tanto nos gustou a obra que lle enviamos a Santiago unhas tarxetas de agradecemento, moi pero que moi laranxeiras, a todo o elenco da obra. Mirade:

Ningún comentario:

Publicar un comentario