Estás na nosa rede, o blog das arañas de 4ºB do C.E.I.P. A LOMBA, unha tea que comezou a tecerse no curso 2013-14. Aquí atoparás moitas das cousas que facemos no noso día a día na escola: xogos para aprender, vídeos, música e moita información interesante que vamos tecendo pouco a pouco. ENRÉDATE NA NOSA TEA!!
mércores, 24 de setembro de 2014
AS NOSAS TEAS DE ARAÑA
Este ano as arañas organizámonos en 5 pequenas teas, todas de distintas cores. Na clase de plástica desta semana as arañas puxéronse a tecer e mirade que teas tan chulas saíron das súas patiñas.
Cada araña ten un lugar na súa tea, vermella, laranxa, azul, amarela ou verde, pero de vez en cando as arañas tamén van de visita a outras teas, mestúranse entre elas e traballan en equipos de forma cooperativa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario