mércores, 4 de decembro de 2013

É OUTONO NA TEA

Nas nosas sesións de plástica seguimos traballando o tema do outono con diversas técnicas, hoxe quero amosarvos este mural de inspiración "warholiana" que fixemos cun dos froitos do outono, a rica castaña, mirade:


Tamén fixemos unhas árbores de outono, mesturamos ceras de distintas tonalidades de marrón para facer o tronco e as ramas, e témperas aplicadas con bastonciños de algodón para representar as follas que van caendo pola forza do vento e se acumulan no chan. Mirade que artistas:



Ningún comentario:

Publicar un comentario