mércores, 20 de novembro de 2013

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

Onte, cos nosos compañeiros de 1ºA, fixemos a primeira excursión do ano. Visitamos a exposición "OUTONO MICOLÓXICO" sobre os cogomelos que cada ano organiza a Agrupación Micolóxica A Cantarela. Alí vimos distintos tipos de cogomelos recollidos nos bosques da comarca, debuxos seleccionados para o concurso, maquetas, fotos e escoitamos moi atentos todo o que nos contou Don Carlos Puga, un experto recolector de cogumelos, presidente da Cantarela e, un secretiño, meu profe de música e inglés de cando eu era unha pequena araña.



Cando rematamos quedamos merendando nas escaleiras do Auditorio de Vilagarcía e aproveitamos para xogar un pouco no parque de Miguel Hernández.


Desde aquí camiñamos ata a nosa seguinte parada: A BIBLIOTECA MUNICIPAL da Rúa Alcalde Rey Daviña, alí recibiunos Mercedes a bibliotecaria para presentarnos o espazo e explicarnos o funcionamento e as normas da biblioteca. Despois da explicación escoitamos o conto do "Tragaldabas" e aproveitamos para botarlle unha ollada ós libros da sección infantil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario