martes, 15 de outubro de 2013

RECUNCHOS DA NOSA TEA

A clase que habitamos as arañas de 1ºB do CEIP A Lomba, a nosa tea, ten moitos recunchos, hoxe quero amosarvos algúns deles:

A ASAMBLEA
Temos un recuncho chamado "asamblea" no que cada día ó comezar a xornada facemos un círculo sentados nos nosos coxíns. Neste encontro cantamos e signamos, acompañados da frauta, a nosa canción de bos días. Tamén aquí o encargado da semán pasa lista e sitúanos no día en que estamos, no mes, no ano, na estación e comenta o tempo que fai. Nesta asamblea presentamos o que vamos a facer durante o día, recordamos o noso horario e a partir de aquí...     Arañas a tecer!!

 

O RECUNCHO DA LECTURA
Na nosa tea temos tamén unha pequena biblioteca, donde temos un feixe de libros ben interesantes, os da estatentería sempre están con nos, os da mesa son os "prestados" e acompáñannos un tempo para logo voltar cos seus donos e donas. Botade unha ollada:



AS NOSAS NORMAS
As arañas temos unhas normas de convivencia dentro da nosa tea que debes coñecer se queres visitarnos, estas normas axúdannos a entendernos, ser educados/as, ser bos compañeiros/as, ser ordeados/as e a comportarnos dentro do cole. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario