luns, 14 de outubro de 2013

AS REGLETAS NA REDE DAS ARAÑAS

O pasado venres foi un día moi interesante na nosa dobre sesión de matemáticas, especialmente o tempo que traballamos en grupo coas regletas.


Primeiro recordamos as súas cores, tamaños, ordenámolas de menor a maior, comparámolas entre elas e finalmente asociamos cada unha co seu número.


Tamén xogamos a descompoñer o número 10 coa condición de que só podiamos usar dúas regletas, e finalmente transformamos o xogo en sumas de dous sumandos.


Moito nos gusta na nosa rede xogar e aprender coas regletas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario