Hoxe na nosa clase de plástica saímos por grupos ata o patio a facer arte coa natureza, esta foi a proposta:
1º Xuntámonos nos nosos grupos cooperativos e recollimos todos os materiais naturais que atopamos ciscados polo chan.
2º Clasificamos todo o recollido: follas, flores, pétalos, paus, pedras, raíces, pallas...
3º Puxémonos a crear e construir retratos mesturando todos os materiais.
4º Aquí tedes o resultado: LANDART.
Nesta tarefa en grupo aprendemos, ademáis de conceptos plásticos e artísticos, a:
- Organizar unha tarefa entre todos e todas.
- Consensuar criterios e tomar decisións en grupo.
- Comunicar a nosa opinión, debatir e aceptar a opinión dos outros.
- Cooperar para chegar á solución da tarefa.
ME LO PASE GENIAL!!!!
ResponderEliminarCanto me alegra ler eso Álex!!
EliminarEspero que siga gustandote
Eliminar