mércores, 14 de xuño de 2017

A IDADE ANTIGA

Bo día arañas!

Hoxe imos a ver uns vídeos sobre un tema que estamos tratando estas semanas na nosa tea: A Idade Antiga. Mira!

Comezamos co visionado do que foi, a grandes rasgos, a Idade Antiga:



COMO ERA A SOCIEDADE ROMANA?



COMO ERA SER NENO NA ANTIGA ROMA?



ÉRASE UNHA VEZ O HOME...     PAX ROMANA


xoves, 25 de maio de 2017

VOTACIÓN ABERTA

Ola arañas!

Aquí están as cancións que propuxéchedes e polas que podedes votar, a que teña máis votos será a que se bailará, cantará ou versionará no festival de fin de curso.

Votarás escribindo un comentario nesta entrada. Lembra que:

1.- Debes decir quen eres.
2.- Soamente podes votar por unha peza.
3.- Escribe o título completo da canción.

Podes votar ata o próximo venres 2 de xuño.


"HEY, SOUL SISTER" Train

"VIVA LA VIDA" Coldplay

"GIRANDO SIN PARAR" 3 + 2

"HAPPY" Pharrell Williams

"DON´T LET ME DOWN" The Chainsmokers

"LUMBRA" Cali y El Dandee

"VOLARE" Fabio Rovazzi

sábado, 13 de maio de 2017

AF7 2017 TELEARAÑAS

Un ano máis cubrimos como xornalistas deportivos o torneo AROUSA FÚTBOL 7. Así posábamos antes de comezar o noso traballo:

AS ARAÑAS XORNALISTAS

O noso traballo xa está recén saído do forno, dádelle ao play para estar informados do sucedido na 1ª xornada desta edición do AF7.

WELLINGTON PHOENIX vs F.C. BARCELONA


F.C. PORTO - MÁLAGA C.F.


E.D. XUVENTUDE OROSO - R.C. CELTA DE VIGO
 

VALENCIA C.F. - A.F.A. ANGOLA

Ata o próximo Telearañas!

luns, 24 de abril de 2017

LONXITUDE

Boas arañas!!


Hoxe na clase de mates lembramos as medidas de lonxitude que xa introducíramos o pasado ano. Atopei un vídeo da EDUTECA por se queredes refrescar.


martes, 21 de marzo de 2017

MEDIACIÓN DE CONFLITOS ENTRE IGUAIS

Bo día arañas e demais invertebrados!

Acabamos de rematar a nosa clase semanal de VALORES e como levamos un tempo tratando o tema dos conflitos e a súa resolución, hoxe comezamos a aprender unha técnica moi útil: A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS.

 Aquí podedes ver o vídeo co que descubrimos cales son os pasos a seguir nun proceso de mediación entre iguais.


1.- Presentación.
2.- Versións do sucedido.
3.- Cambio de roles (empatía).
4.- Resume do exposto ata o momento.
5.- Choiva de solucións.
6.- Selección de solucións.
7.- Ratificación do acordo.
8.- Sinatura do acordo.

luns, 20 de marzo de 2017

DITOS PARA BOTAR A SORTES

Boa semana arañas!

Na nosa tea estamos na procura de ditos para botar a sortes nos xogos. Aquí tedes o enlace a www.orellapendella.gal

Lembra a ruta para chegar: 1º DITOS ------- 2º XOGOS ------- 3º PARA BOTAR A SORTES

O venres gravamos!
 

luns, 20 de febreiro de 2017

ENTROIDO EN GALICIA

O fío vai de entroido...


Se queres saber máis sobre o entroido en Galicia entra no blog alombaengalego.blogspot.com . Xa sabes que hai un enlace permanente ao blog na banda esquerda. Pincha e listo!

xoves, 2 de febreiro de 2017

A PAZ MÁIS DOCE


As arañas pensamos que a celebración do Día da Paz no cole foi mooooooi doce, gustounos tanto que ademais de doar as nosas tabletas de chocolate para que a Fundación Amigos de Galicia as reparta entre as familias que o precisen fomos máis aló.

Elaboramos un programa especial de radio que cubriu a nosa celebración e informou sobre todos os aspectos importantes de "A PAZ MÁIS DOCE". Se queres saber máis dalle ao PLAY!



Se queres saber o que CANAL RÍAS BAIXAS dixo de nós dalle ao PLAY . Se prefires botar un ollo na prensa escrita entra no FARO DE VIGO, pero non esquezas entrar na web de AMIGOS DE GALICIA para ver as fotos que nos fixeron durante a visita.

venres, 27 de xaneiro de 2017

CINE MUDO

Rumbo ao entroido!!

Empezamos a preparar o entroido deste curso, o primeiro é votar para escoller o disfraz. Como o tema do cole deste curso é O CINE, na clase xurdiron varias propostas ben interesantes: Minions, Os Vengadores, Do revés, Tadeo Jones, Mary Poppins, etc. Pero o disfraz gañador foi...

UNHA RODAXE DE CINE MUDO!!

Para que a inspiración vaia chegando, aquí tedes algunhas esceas ben divertidas: